O RIBEIRO

Castrelo promociona os seus viños coa maxia e a poesía

20190521181444481_result
photo_camera Participantes na edición do 2018.

O Parque Náutico será o escenario para as actuacións e a oferta das marcas de varias adegas

O Concello de Castrelo de Miño organiza por segundo ano consecutivo un novo evento de promoción vitivinícola no Parque Náutico, en colaboración cos poetas e magos do Ribeiro. Co gallo do solsticio de verán, o 21 de xullo a partires das 19,30 horas terá lugar a segunda edición deste novo evento que busca promocionar os viños do Ribeiro, e nesta ocasión maridados con poesía e maxia.

Os recitais correrán a cargo dos poetas do Ribeiro: Jesús Alonso Montero, Nesto Fernández e Xacobe García Souto, e os cabezas de  cartel convidados Wladimir Dragossán e Cruz Martínez Vilas.

A maxía será por conta do mago do Ribeiro, Mago Albert, e o viño para maridar este novo evento cultural será o das adegas Loeda, Cunqueiro, Arco da Vella, a adega do Eladio, Pousadoiro, Celme, Eloi Lorenzo, Solaina Minei e o Alborexar no Ribeiro.

A vitivinicultura é a principal actividade económica de Castrelo de Miño, e son moitos os eventos promocionais que organiza o concello ao longo do ano en colaboración coas adegas do seu termo municipal e do resto da comarca do Ribeiro, entre os que destaca o Ribeiro Blues Wine Festival que se celebrará o 9 e 10 de agosto e que este ano cumple xa a súa sexta edición. Un festival no que o viño do Ribeiro marida coa mellor música blues.

Te puede interesar