Tribunales

Dous operarios de Verín percibirán un complemento por orde xudicial

Dende o Concello de Verín, a concelleira de Personal, Rosario Fernández, asegurou que a entidade local "asume e respeta" a sentenza

Dous traballadores da antiga empresa adxudicataria da Depuradora de Augas Municipal subrogados polo Concello de Verín percibirán cadanseu complemento salarial de antigüidade logo de que os Xulgados do Social número dous e número un de Ourense lles recoñecese o dereito. 

Dende o sindicato da CIG denunciaron que a administración local incumpriu todas as normas derivadas dos procesos de subrogación e subliñan, especialmente, o feito de que se lles impuxera aos traballadores subrogados condicións de traballo "inferiores" ás que tiñan os traballadores do Concello. O sindicato galego manifestou que existen mais de 70 traballadores subrogados nas mesmas condicións dos servizos de axuda no fogar e recollida do lixo. 

Dende o Concello de Verín, a concelleira de Personal, Rosario Fernández, asegurou que a entidade local "asume e respeta" a sentenza e que "non a vai a recurrir", pero matizou que o erro non procede do Concello, senon das empresas cesantes. Neste senso, o ente local respeta os convenios logo da subrogación dos contratos polo que non se poden abonar "de oficio" ditos complementos sen que exista unha orde xudicial. "Por qué la CIG no reclama la antigüedad a las empresas privadas cesantes y sí a la empresa pública, en este caso al Concello", preguntó la edil.

Te puede interesar