Imprimir

Leiro recibe un vehículo para a protección do medio ambiente

La Región | 13 de diciembre de 2019

O obxectivo é previr as situacións de risco derivadas da caída de follas, ramaxes e troncos de árbores nas áreas recreativas e espazos públicos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o concello de Leiro xunto co seu alcalde Francisco José Fernández, para coñecer de primeira man as actuacións levadas a cabo ao abeiro das axudas da Vicepresidencia, que neste ano superan os 100.000 euros. Dentro do Fondo de Compensación Ambiental foron investidos 30.000 euros na adquisición dun vehículo co que levar a cabo traballos de protección do medio ambiente e do espazo natural do concello, que conta con aproximadamente 20 hectáreas, co obxectivo de previr situacións de risco derivadas da caída de follas, ramaxes e troncos de árbores nas áreas recreativas e espazos públicos. Ademais, destináronse outros 2.000 euros á mellora do alumeado público no núcleo de Vilaverde.

Por outra banda, sinalou Rueda que a Mancomunidade do Ribeiro xa ten recibido nos anos 2012, 2014 e 2016 aportacións da Administración autonómica para o mantemento e a mellora dos seus servizos medioambientais. Ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental tamén se levaron a cabo traballos de equipamento de espazos naturais, así como de mellora da eficiencia enerxética e do alumeado público.

Este ano, recibiu unha achega de 69.000 euros para a mellora dos servizos de recollida de lixo e lumes. O proxecto recolle a adecuación das instalacións de tránsito e depósito en materia de residuos nas dependencias da mancomunidade, que preside Francisco José Fernández.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/leiro-recibe-vehiculo-proteccion-do-medio-ambiente/20191213235735912754.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons