Carballiño

O Nadal ofrecerá un amplo programa cultural e deportivo

Un fotograma de la película "Frozen 2", cuyos personajes inspiran un musical que llegará a Carballiño esta Navidad.
photo_camera Un fotograma de la película "Frozen 2", cuyos personajes inspiran un musical que llegará a Carballiño esta Navidad.
Dous grandes musicais, como son "El tributo a Coco" e "Frozen", que virá ao Carballiño como primeira vila en Galicia tras a representación na Gran Vía de Madrid

nnn O Carballiño ofrecerá durante os meses de decembro e xaneiro un amplo programa de actividades dirixido a todos os públicos, aínda que incidindo nos máis pequenos. Dous grandes musicais, como son "El tributo a Coco" e "Frozen", que virá ao Carballiño como primeira vila en Galicia tras a representación na Gran Vía de Madrid; así como diversos concertos, entre os que destaca o de Roi Casal "Son galego, son cubano", do Xacobeo 2021, que será gratuito; e o de Nadal que ofrecerán a Coral Casino do Carballiño e a Banda de Vilatuxe; a obra de Teatro del Norte "Retablo de la avaricia, de la lujuria y la muerte"; unha gala de circo e os monólogos de Grison Beatbox & Jaime Caravaca e o de Agustín Giménez, encabezan o cartel das máis de corenta actividades culturáis e sete deportivas que terán lugar este Nadal.

Ademais, haberá cine, no que destaca un ciclo infantil; audicións musicais; pasarrúas e animación de rúa, na que non faltará o Tren de Nadal do Centro Comercial Aberto nin a visita de Papá Noël, así como un gran espectáculo de luz, son e lume na Veracruz durante a Cabalgata de Reis, unha das actividades máis destacadas da programación, segundo apuntou o concelleiro de Cultura, Diego Fernández. Tamén haberá Ruta das Tapas, Cantos de taberna e exposicións fotográficas. 

A Silvia Baranda correspondeulle presentar o deporte, subliñando a Carreira Solidaria do Arenteiro; o III Trofeo Vila do Carballiño de Patinaxe Artística e a Gala de Nadal de Patinaxe Aehde; o II Torneo de Reis de Fútbol Sala base e o Campionato de Reis de Xadrez.

Te puede interesar