O PP presentará unha moción no pleno para reclamar que se cumplan os dereitos sociais e de seguridade e saúde laboral
O grupo municipal do PP de Ribadavia presentará unha moción ao próximo pleno "para esixirlle ao alcalde que leve a cabo, de xeito inmediato, as actuacions necesarias para dar cumprimento ao convenio colectivo en materia de dereitos sociais e seguridade e saúde laboral". O portavoz do grupo popular, César Fernández, sinala que o 11 de outubro pasado solicitaron documentación relacionada co cumprimento do convenio colectivo dos traballadores do Concello.
Pasados os cinco días que manda o Regulamento de Organización e Funcionamento para a obtención da documentación sen ter resposta, e tras consultar aos servizos xurídicos municipais, "comprobamos que esa documentación solicitada non existe e que o Concello incumple o convenio colectivo en materia de dereitos sociais e de seguridade e saúde laboral", afirma César Fernández.
Ante esta situación, o grupo do PP acordou presentar a devandita moción e engade o portavoz do PP que "as irregularidades en materia laboral non rematan aquí, senón que temos detectado que moitos traballadores do concello están disconformes co cálculo que se lle aplicou para o aboamento dos trienes que teñen atrasados". Por esta circunstancia, o PP solicitou un informe técnico dos servizos municipais sobre os criterios que se aplicaron para levar a cabo o cálculo dos trienios, de tal xeito que se sinale a normativa aplicada, a escala e o prezo do trienio.