Opinión

Os nosos mariñeiros e o ‘menor’

No camiño da delincuencia o noso país é ideal. Se miramos a esperpéntica situación que está a orixinar a detención dos piratas somalíes, está confirmada esta proposta. Un xuiz ordea traer os piratas a España e cando estes delincuentes chegan ao noso país, xa son expertos ocultando as suas facianas con vestimentas apropiadas para eses menesteres, ben abrigadiños, e un deles, alegando que é menor. ¡Qué rápido aprenden. Para meterlle nos ollos os rifles de asalto os nosos mariñeiros, non se consideraba menor! Pero como aquí somos tan legalistas, o xuiz que leva o caso, nun rauto de serea reflexión, dí que non quere saber nada. ¡E menor! Entón para resolver a papeleta lévano a durmir a un Centro de Menores, imaxínese o meu querido lector a movida, policías vixiando noite e día para que non fuxa, coches celulares daquí para aló. Da noite para a mañá este delincuente converteuse nunha figura. Todos queren tirarlle fotos, sae nos medios de comunicación, ata na televisión. Despois de toda esta paiasada, ao día seguinte e tralas pescudas médicas, sábese que o paxaro no é menor. Outra vez volta a empezar, ¿e agora que fará o xuiz? Se a cousa se alonxa no tempo, alegacións, probas, contraprobas, e namentras isto ocorre no noso país ‘democrático’ os mariñeiros presos no barco non terán un xuizo, nin volta atrás, nin gaitas. Ou se mandan os cartiños que piden ou senon liquídanos. E ainda por riba esixen a volta do ‘menor’ e do outro delincuente maior.


Pero como o noso país é pintoresco, nun municipio vasco están moi alporizados, ‘esixindo’ a liberación do barco e da sua tripulación. Por certo, no balcón dese concello non está a bandeira española. ¡Claro, esquecíame, son vascos! Pero esixen, protestan, ameazan ainda que por alí andan moitas caras que se viron na manifestación a favor dos Oteguis e demais xamba. Ou sexa que cando aparecen problemas graves coma éste, os Oteguis e demáis heroes nacionais non resol ven a papeleta e o Governo coma sempre, afogado nos aparentes legalismos, chega tarde. Non podía mandar exército armado nos barcos porque non está contemplado, pero sí o pode facer embarcando os nosos soldados a países onde non pintamos nada nin ninguén nos chamou e que ademais están en guerra. ¿Quén paga agora todos estes atrancos, falla de previsión e descontrol? Os mariñeiros e as suas familias ¿Ou non? E mentres tanto o ‘menor’, afeito as armas, as ameazas, e quen sabe se a cousas peores, aprende correndo as manganchas legalistas da delincuencia do noso país. Cuns días mais xa estará preparado para alegar ademáis de que é menor, que levaba duas copas de mais, que estaba drogado, que obedecía ordes, que non era querido na sua casa, que secuestraba para comer... eu digo que ainda vai marchar para a sua casa cunha indemnización o pobre. O dos mariñeiros e as suas familias, é outro cantar.



Te puede interesar