Opinión

A bolboretiña do día | Chover a cachón

descarga (2)
Tamén poden vostedes dicir “chover a ceo aberto” ou usando un híbrido castelán-galego “a diolas dar”, ou sexa a Deus dar auga. Cada lingua ten os seus xeitos. O castelán, di chover a cántaros; o inglés, chover gatos e cans -rain cats and dogs-. Pero imos co título pois cachón é palabra curiosa. Vénlles do latín coctio-coctionis, igual ca coción. E así a esa aparición de borbullas de aire ao ferver a auga, chamouse cachón. E igualmente, todos os lugares de líquidos en ebulición -que bolen- son cachóns. Desde o caldo que ferve a cachón na pota, ao cachón do muíño, ao cachón -cachoeira ou fervenza- nun río ou regato, e chover a cachón, pode vir de que as pingas grosas fan borbullas nos charcos. Úsase, ademais, en función adverbial para expresar esa idea de descontrolado e en abundancia, como “rir a cachón” ou cousa semellante. Estes días, sobre todo, para a chuvia.

Te puede interesar