Opinión

A bolboretiña do día | Repugnante e repunantes

Os dicionarios non establecen diferenza entre ambas,  pero eu si. Tanto que creo que deberían ter dúas entradas distintas. A primeira, a etimolóxica, repugnante é aquelo que nauseabundo, repulsivo, ou como di a RAG “que produce repugnancia” que pon tres exemplos unívocos: “Un olor repugnante. Un ser repugnante. Unha violación é un feito repugnante”. A RAG dá unha segunda acepción para repugnante que é “impertinente, pesado, que molesta ou enfastía”, se cadra excesivamente dura. Para min, repunante, -co diminutivo, repunantiño- debería ter, como dixen,  unha entrada independente lonxe do exemplo do violador e sen o g culto -lido case como ka e non como jota-. Todos sabemos o que un repunante. A todos nolo chamaron de pequenos cando non queriamos comer algo ou poñer un xersei que picaba.  E non era para tanto. Os repunantes, e xa non digo os repunantiños, nada teñen de repugnates, como os violadores ou o cheiro dunha prea, que como nos ensina o dicionario é un corpo en descomposición. Vaia prea! É, pois un uso metafórico.

Te puede interesar