Opinión

Arco da vella

Adoito perseguir o arco da vella por entre as toxeiras de Barricobos, pero cruzo o río de Tioira cara ao Río Vello e xa vexo as cores do espectro máis alá da Tapada dos Ferreiros. Emporiso, sigo cara adiante e en cada cor vexo un sorriso distinto da Ruliña. Sorrisos abertos e cheos de palabras de auga polos que intento nadar para agarrarme a un quérote seu. Non acado alcanzar o arco da vella por moito que camiño e camiño. Empezo a notar que se me vai escorrer das mans, como escorre ese amor que non aperto.



Te puede interesar