Opinión

Amores célebres

Pedro Abelardo -famoso dialéctico da Idade Media- é máis coñecido polos seus apaixoados namoros con Eloisa que pola súa grande agudeza intelectual.


Eloisa quedou orfa aos 15 anos. Un tío seu, Fulberto, coengo e colega de Abelardo, fíxose cargo da súa educación.


Tendo en conta o grande prestixio de Abelardo coma profesor, o coengo non dubidou en solicitar os seus servizos educativos no ensino da rapaza.


Unha vez convertido en mestre de Eloisa, Abelardo confesa: ‘Sobor dos libros abertos intercambiabamos máis verbas sobor do amor ca sobor do texto’.


A paixón de Abelardo foi ‘in crescendo’ e tivo coma consecuencia o nacemento dun neno e o casamento segredo dos namorados.


A vinga de Fulberto foi arrepiante: pagou a dous rufiáns, que caparon ao Abelardo. Deste xeito o bo de Abelardo quedou incapacitado para chegar á sacerdote.


Istas desventuras contaas na súa ‘Historia calamitatum’, ‘Historia de mis desdichas’.


Abelardo ingresou nun mosteiro, Eloisa meteuse monxa.


Te puede interesar