Opinión

Envelenado pola xenreira

No día de onte, unha chamada telefónica dime que ‘o noso colega Regueira sufriu un amago de infarto. Está ingresado nun hospital de Vigo, pero según os médicos, xa está fóra de perigro’.


-Alégrome do que me dis, aínda que eu e íl estamos a anos luz en moitos temas.


Según o comunicante, Regueira mantivo unha fortísima disputa nun bar con outro parroquiano que non facía máis que levarlle a contra. ¿O tema? Iba da presencia do ministro Caamaño na manifestazón en pro do idioma galego en Compostela.


-Tí pensas -argumentaba Regueira- que un ministro de España poda acudir a unha concentración tal. ¡Un ministro de España...! Deseguido -sempre según o comunican te- Regueira pasou ao insulto persoal, descalificando ao ministro pola súa orixe de ter nacido en Cée.


No curso da discusión seica lles faltou pouco para chegaren ás mans.


Díxenlle ao que chamou: non me estrana que lle dera un infarto. A Regueira non lle podías contradecir. Botaba lume polos ollos; era moi agresivo.


-Eso mesmo pensei eu. É máis: teño craro que o Regueira cando morra morrerá envelenado pola xenreira.


Te puede interesar