Opinión

O éxtase da comunicación

Nesta sociedade posmoderna, onde os valores relativízanse cando a racionalidade universal dos homes e mulleres que a Ilustración propugnaba dan en quebra, todo está permitido.


Un exemplo nidio do que digo, témolo na televisión, dentro do propio fogar. Baseándose nesta permisividade universal posmoderna, xa non hai por qué distinguir entre espacio público e privado, entre o que acontece na rúa e na intimidade da vida persoal.


Calquera de nós pode ser obxectivo apra unha cámara televisiva. Poden reproducirse esceas íntimas, sexan sexuais ou de violencia, con tal de que se cumpla un obxectivo único: incrementar a audiencia.


¿Qué unha empresa destas perde clientes? Pois bótase man de bazofia, da bosta, e xa está. ¡Ninguén escapa ao imperio do diñeiro! Jean Baudrillard, reflexionando sobor do poder omnímodo da pantalla, escribe: ‘A distinción entre un interior e un exterior borrouse nunha doble obscenidade: a actividade máis íntima da nosa vida convértese en pasto habitual dos massmedia, pero tamén o universo enteiro acude a desplegarse innecesariamente na nosa pantalla doméstica... A obscenidade comenza cando todo se fai inmediatamente transparente e visible, cando todo queda sometido a unha crúa luz da información e da comunicación. Xa non estamos no drama da alienación, senón no éxtase da información e da comunicación.



Te puede interesar