Opinión

Lembrando a Rosalía

Conmemoramos o 173 cabodano do seu nacemento. Diante dos meus ollos teño as obras completas de Rosalía de Castro, editadas por 'Aguilar'. Nelas figura unha data: 16 de novembro de 1966. A lectura rosaliana tivo a virtude de transformar con forza a miña condición de galego. Os versos de Rosalía espertaron en min unha sensibilidade que ninguén antes me fixera sentir.

Entón caín na conta de que o sistema imposto na educación da mocidade galega cometera a imperdoable felonía de escondermos á Rosalía.

Na ialma lírica de Rosalía latexa o millor deste povo noso. Rosalía foi a voz valente, airada e combativa dun povo disposto a facerse respectar.

Neste cabodano, todo galego conscente de selo, ven obrigado a reflexionar sobor do seu apaixoante legado:


'Canta si queres

na lengua quéu falo

Así mo pediron

na veira do mar

ao pé das ondiñas que veñen e van'.


'Lugar máis fermoso

no mundo n'achara qu'aquel de Galicia

Galicia encantada

Galicia frorida

cal ela ningunha

de froles cuberta

cuberta de espumas'.

Te puede interesar