Opinión

Iconografía dun incendio

Non serei eu quen lles fale dos prexuízos medioambientais, económicos, e ás veces humanos, que tran os incendios. A súa causa pode ser a mala fortuna, pero segundo os expertos, a maoría orixínase por causas humanas, dende a provocación intencionada ata a falta de prevención, pasando pola xestión inaxeitada dos recursos do monte. En todo cado, non entraremos nesas cuestións, se non na imaxe dun incendio en Portugal que no mes de xullo deu a volta ao mundo nos xornais, e evocoume imaxes amplamente repetidas na Historia da Arte.

Iconografía do Bo Pastor e Joâo Paulo.
Iconografía do Bo Pastor e Joâo Paulo.

Era a fotografía de João Paulo Ruivo durante un incendio cerca da aldea de Boa Vista, en Leiría, no centro de Portugal. A súa intervención salvou a numerosas persoas. Pero ademais rescatou a setenta animais, un a un, momento en que foi inmortalizado en numerosos xornais internacionais. A súa acción converteuno nun heroe nacional. Ata aquí, o asunto dos incendios. Mais eu non puden evitar a evocación dunha iconografía moi familiar nos primeiros séculos da nosa era. Permítanme que lles fale dela. Porque nunha primeira impresión, a foto de João Paulo lembroume unha imaxe moitas veces repetida na arte paleocristiá, producida polos primeiros cristiáns sobre todo a partir do século III. Despois da morte de Cristo, este grupo relixioso comeza as súas prácticas en secreto. A difícil integración nas comunidades polas que se extendeu, entre elas a romana, provocou persecucións e rechazos por motivos que agora non veñen ao caso. Por iso e como modo de expresión, utilizaron unha serie de símbolos e escenas, especialmente nas pinturas e esculturas, con símbolos só recoñecidos por eles, cargados de fondos simbolismos e significados case secretos e só interpretables polos iniciados, os crentes. Un deles é o chamado “Bo Pastor”. Seguramente o símbolo foi tomado de tradicións anteriores. As sociedades agrícolas frorecen en Oriente Próximo, cuna do xudaísmo e o cristianismo, hai uns 11.000 anos, mudando totalmente as formas de vida. Nelas, o pastor é a viva imaxe da felicidade, da vida bucólica, idealizada despois no mundo romano. Os cristianos retoman esta icona e a identifican con Cristo, pastor e cuidador do seu pobo, metáfora que se reforzará coa parábola da ovella descarriada e despois recuperada por El. Deste modo, foi fácil a asunción da figura do Bo Pastor polos primeiros cristiáns, que plasman copiosamente en pinturas e estatuaria que representan a Xesús coa ovella ao lombo, xesto que non deixa de interpretarse como unha alegoría da salvación da humanidade. De feito, as publicacións de arte a recollen como unha das escenas máis reproducidas, sumando polo menos novecentas representacións. Busquen as imaxes nas pinturas das Catacumbas de San Calixto, por exemplo, ou a escultura de Gádor custodiada no Museo de Almeria. É moi probable que a iconografía do Bo Pastor teña antecedentes en esculturas clásicas. Entre elas, a de Hermes Crióforo, ou Portador de Carneiro, do século V a. C. Tamén no Moscóforo, ou Portador do Tenreiro, escultura da Antiga Grecia datada no ano 570 a. C. esculpida nos obradoiros de Ática, región de la Antigua Grecia.

Obviamente, os incendios son unha lacra, e este verán están atacando con saña en toda a península. Ourense tampouco se salva. Pero permítanme, polo menos, destacar a acción heroica de João Paulo, cuxa imaxe lembroume antigas representacións do pasado.

Te puede interesar