Opinión

GRAFITI, ARTE OU VANDALISMO NA RÚA

Se denomina grafiti ou pintada a varias formas da pintura, debuxo ou inscrición, xeralmente realizada de xeito indiscriminado, sobre superficies tanto lisas como curva, en paredes, murais e fachadas, tanto de titulariades pública como privada. La Real Academia de la Lengua Española define como 'grafito' un escrito, inscrición ou debuxo espontáneo realizado sobre paredes, portas e muros de lugares públicos. O termo, tomado do italiano graffiti, significa marca ou inscrición feita mediante o rascado ou raiado sobre a superficie dun muro.


Entre os romanos estaba estendida a costume da escritura ocasional, tanto sobre muros como en columnas; así, se atoparon numerosas escritas en latín nas que se recollen consignas políticas, insultos, declaracións de amor, ademais dun amplo repertorio de caricaturas e debuxos. Posteriormente moitos viaxeiros, navegantes ou ata incluso piratas, deixaron a pegada da súa estadía nun determinado lugar mediante o seu pseudónimo, as iniciais labradas sobre a dura rocha ou nas pedras existentes no interior de furnas e covas. A difusión desta arte, ou según se mire nalgúns casos expresión vandálica, en España se debe á popularidade acadada pola película 'American graffiti', dirixida por Geoge Lucas e protagonizada por Richard Dreyfuss.


Cada día máis as rúas mailos muros das nosas cidades, ao que se suma os laterais dalgúns dos medios de locomoción, vense materialmente invadidos por grafitis, algún deles realizado con verdadeiro valor artístico, aínda que, por desgracia, abundan aqueloutros que máis que adornar, emborrallan e ensucian as fachadas mailos muros dos nosos monumentos artísticos sen ningún tipo de pudor, non tendo en conta para nada o enorme dano causado aos mesmos.


Se utiliza de xeito erróneo indistintamente os vocábulos pintada e grafiti para designar ambas modalidades cando, na realidade, o termo pintada refírese tanto ás letras, símbolos e debuxos, realizados de xeito preferente con rotuladores, sobre unha superficie na que resulte moi difícil o seu borrado, como mármores, granito pulido, baldosa, etc.; namentres co grafiti se inclúe dentro do denominado arte vivo na rúa. No primeiro se distinguen as pintadas con carácter de protesta, tanto de contido político como reivindicativo, aos que se suma o colectivo 'antisistema', sen esquecer aqueloutros máis efectivos e sociais nos que aparecen mexases 'amorosos' realizados polos máis novos, elixindo como soporte expositivo, con grave prexuízo para a súa pervivencia, a propia cortiza das árbores existentes nos parques públicos.


Arte moderno ou por contra vandalismo na rúa, resulta difícil a súa catalogación, sobre todo cando algún deles chega a ser un elemento de contaminación mural. A existencia de plataformas de expresión artística como Urban Art Festival o a coñecida como Cultura Urbana, posibilitan a realización de eventos introductores de novos coñecementos e formas dentro do grafiti, debido á participación de artistas de talla internacional, o que se traduce como un desenrolo organizado de todas estas actividades creativas dirixidas a unha correcta aplicación das mesmas. O contrario é puro e chairo gamberrismo urbano.

Te puede interesar