Opinión

Debates

Agás un milagro de última hora, que non se agarda, pois os plantexamentos son firmes, quedarémonos sen debate televisivo entre os líderes. As posturas xa saben cales son: a TVG plantexa unha comparecencia a tres, aceptada por PSdeG e BNG, que é rexeitada polo PPdeG. Os populares, en cambio, propoñen debates bis a bis entre todos, fórmula a que se opón a TVG aducindo que vulneraría o plan de cobertura, pero que tampouco queren os socialistas, quenes a sua vez descartan que en ausencia de Feijóo poideran debatir Touriño e Quintana.


Sin entrar en cousas miudas, os electores preguntaranse cómo é posible que Zapatero e Rajoy foran capaces de debatir a dous, non unha vez, senon duas, en tanto que eiquí semella imposible. Cousas da vida, que diría o ilustre. ¿Podería facerse a tres? Claro, de feito xa hai experiencias mesmo en Galicia.


Na reforma frustrada do Estatuto de Autonomía, nas eleccións xerais do pasado ano e nas municipais de 2007. Curiosamente, cando a maior parte dos debatintes non eran nen candidatos.



Te puede interesar