Opinión

¿A ónde vai o gando?

Os espectadulares roubos de gando nas comarcas de A Limia e arredores, ó máis puro estilo do Oeste, poñen de manifesto que as forzas de orden público teñen un problema de calado, ainda que quenes o teñen de verdade son as víctimas dos asaltos, e en menor medida os veciños da zona, debido a alarma social suscitada polos acontecementos.

Chama a atención que nos tempos donde as medidas de control e seguridade contan con medios de gran sofisticación; cando as operacións comerciais teñen que superar un montón de requisitos, e cando o que se rouba non son xoias nen pedras preciosas que se poidan levar nun bolsillo, que as autoridades non sexan capaces de aportar unha solución despois do tempo transcurrido dende que escomenzara os roubo de reses.

No último, os ladróns arramplaron con case sesenta cabezas listas para sair ó mercado, o cal quere dicir que pasan de xatos e teñen tamaño e peso considerable. Alguén se parou a pensar cómo se poden trasladar sesenta becerros de máis de seis meses de idade e que superan folgadamenten os douscentos kilos por unidade? É preciso utilizar vehículos de grande tonelaxe ou ben unha flota diles, pois trátase dunha carga moi voluminosa que, ademáis, esixe bastante tempo para a sua carga e descarga.

Por outra parte, a ónde se leva eso sen que naide se decate? Un becerro ou dous poderanse disimular, pero cinco ducias parece tarefa moito máis complexa. Ainda máis: cómo se despacha toda esa carne sen o marchamo correspondente, tendo en conta que os controles na cadena alimentaria semellan ser moi rigurosos? É posible que exista unha rede delictiva tan potente como para superar todos os atrancos, incluida a aparatosidade que esixen as operacións?

Demasiadas incógnitas que naide resposta ata o de agora, ou o que é peor, naide tranquiliza a quenes foron víctimas ou son candidatos a selo, dada a evolución dos acontecementos. Esconder un volumen tan grande de mercancía e manipular tantísima documentación esixe unha infraestructura que costa crer que poida existir nistes tempos.

Te puede interesar