Opinión

DANOS COLATERAIS

Pártome de sorrir coas declaracións de algún exedil e dalgunha edil polo tema dos Paneis. Despois do Vía Crucis que pasaron -¿ou non?- os imputados, agora resulta que fixeran a cousa ben. Ben jodida prós intereses do Concello, que somos todos os que pagamos relixiosamente os nosos impostos, imos ter que aoquinar pra indemnizar á empresa Afilador, que un dos socios 'es un chico muy listo, don Manuel'. ¡Coño! si é listo, que inda perdendo vai recoller, si os tribunais esí o deciden, unha morea de cartiños, por obra e gracia dos exbloqueiros.


Dicía unfillo meu que tempranamente foi á Casa do Pai: 'Papá, eiquí o máis tonto fai reloxos'. E tiña máis razón que un santo. Foron absoltos pro deixaron os danos colaterais. E por riba quedámonos sin paneis. Pois a seguir sorrindo, que é moi bó pra saúde e 'Que se mueran los feos'.

Te puede interesar