Opinión

DECEPCIONANTE DEREITA

Primeiro foi Adolfo Suárez, que non soupo vertebrar as Españas. Logo chegou Leopoldo Calvo Sotelo e pasou de largo. José María Aznar xuntou aos seus, mais fuxiu logo de duas lexislaturas e nomeou a Mariano Rajoy, que aplica o que lle manda a señora Merkel: un neoliberalismo que non hai dios que o aguante. Xa Zapatero voltounos ao século XIX, sendo -eso dixo il- socialista: neoliberalismo.


Mais o nefasto zapaterismo xa pasou e seguimos a fabricar parados. Logo de non cumplir Rajoy ningunha das promesas que fixo na campaña electoral, que foi onde falou algo, pois agora enmudeceo. Rajoy é, a meu xuicio, un bo parlamentario, pero logo anda a velas vir. Os facinerosos de ETA andan a tomar viños. Unha traición aos mortos e aos vivos...


Pronostica pra o 2014 un crecemento do emprego, pero está por ver si realmente acerta.


Non reformou a Ley do Aborto que prometera na campaña electoral. Os xubilados vivimos de esmolar. As clases medias van camiño de irse ao limbo. E por si fora pouco ponlle a guinda co tema Bárcenas, un tipo impresentable que tiña que haber estado no goberno de Felipe González, pra imitar ao Roldán, ao Vera e compañía...


Rajoy decepcionou ao seu electorado e non sabe plantarlle cara aos nacionalistas catalans a cuio frente está o traidor a historia das Españas. En fin, a dereita non ten ideoloxía, somente intereses económicos, claro que a esquerda diluiese cun PSOE que vai camiño da testemuña. Estamos abocados -os xóvenes, non os vellos- a facer das Españas un estado ingobernabel, invertebrado.

Te puede interesar