Opinión

O PAPA COS VELLOS

Osempre querido e lembrado monseñor Araújo Iglesias, co que pasei horas e máis horas, sobor de todo dende que se xubilou, decíame que os cregos tiñan que visitar aos vellos, que eran a fonte de sabedoría. Agor ao papa Francisco di no Brasil, nas xornadas JMJ que hai 'eutanasia cultural' contra os vellos. Afirma Francisco que 'os vellos transmiten a sabedoría da vida'. E engade que son a 'reserva cultural do noso pobo'. Hoxe hai moita xente nova que despreza os consellos dos vellos, dos avós, que están nembargantes a realizar unha laboura de axuda, tanto aos fillos que están sen traballo -ou traballan- e aos netos que os coidan co agarimo, como ninguén pode facelo.


Quen enriba firma ten experiencia de xóvenes -non da miña familia- que desprezan dunha maneira increible aos vellos, e que coidan que saben máis que Lepe. Pois fagámoslle caso ao papa Francisco, aínda que algúns que se creen que o saben todo non saben nada, empoléiranse como se foran os sabios da antiga Grecia.

Te puede interesar