Opinión

A PESAR DE...

Neste tempo de pasotas do feito religioso -do que moitos presumen, pra ser esí máis 'sabios'- permítanme os amables lectores de La Región unhas puntualizacións ou matizacións:


-Inda que a Igrexa católica, apostólica, romana e compostelana, que é a que un servidor humildemente e con moitos pecados ao lombo practica como pode, a que fundou o Mestre de Nazaret, é santa e pecadora.


-Que a Igrexa compoñémola tódolos bautizados, pero que a xerarquía -bispos, cregos...- teñen moita máis responsabilidade, por aquelo de dar exemplo e de que 'doctores ten a nai Igrexa que saberán respostar...'


-Que xa sei que hai casos de pederastia, etcétera, de roubos como o maiordomo do papa Bieito XVI, pero que tamén hai moitos misioneiros por ises mundos de Deus que traballan a reo pra levarlles a fe salvadora e mellorar as condicións de vida, curar doenzas...


-Que ben sei que moitos cregos máis que apóstolos parecen ou exercen como 'funcionarios', somentes pra casar, pra asistir aos enterros, ós cabo de ano, aos bautizos...


-Que ben sei que os leigos poderíamos dar mellor exemplo e amar aos enemigos -se é que os temos- como predicou o fillo do carpinteiro.


-Que tiñamos que financiar a nosa fe e a liturxia e esixir menos privilexios (en Rusia e nos países da Europa do Este, tras corenta anos de tiranía, mortes, encarcelamentos, desterros e campos de traballos forzados, agora a nosa fe amósase máis puxante que en moitos países da Europa capitalista).


Podería seguir, lector amabel, pro chega ben co dito. E, repito, que a pesares de todo, quen enriba firma inda conserva a fe que herdou dos seus maiores, e practica unha fe pequena, pero cree en Deus, no seu Fillo, no Espíritu Santo, e nas mulleres e homes que dan testemuña eiquí, en calisqueira lugar deste mundo que quere darlle as costas ao feito relixioso.

Te puede interesar