Opinión

Medios e políticos

A relación na sociedade actual entre a política e a comunicación é tan directa que mesmo se podería afirmar que a primeira non sobreviviría sen a segunda. E moitas veces é o segundo polo quen impón a súa axenda á propia clase política. E así chegamos ó que o amigo Xoán da Cova, contertulio habitual do meu blog, definiu como ‘Goberno espectáculo’. Velaí nas súas palabras: ‘O Goberno-Espectáculo. Non ten que gobernar (iso é imposible), ten que entreter. Dentro de pouco, veremos as accións de goberno como quen ve unha película: sen ningunha conexión coa realidade. E as eleccións serán unha especie de entrega de Oscars’. Isto non quita, como engade o atinado Apicultor que os políticos busquen, co efecto mediático, a eficacia das accións de goberno. Pero isto depende de factores non sempre controlables, incluída a propia receptividade da sociedade.



Te puede interesar