Opinión

PAN POR PAN

Velázquez. Jonathan Brown, catedrático da Universidade de Nova York, é un dos hispanistas máis prestixiosos. Leva 50 anos a estudar a vida e obra de Velázquez e acaba de publicar outro volume sobre o xenial artista sevillano. Home intelixente, Brown recoñece que aínda non chegou ó fondo de moitas obras de Velázquez, malia ser o máximo especialista nese autor. O pintor foi revolucionario na pintura: nos seus conceptos, formas, estilos. Pero conservador na súa ideoloxía, con desexos de ennobrecerse e de asentar unha certa fortuna. Pero, se un observa os seus motivos populares, verá que están tratados coa mesma solemnidade que os retratos dos monarcas e a súa familia. Velaí a vella a fritir ovos, o Baco rodeado dos borrachos, as fiandeiras ou os ferreiros que reciben a Vulcano na fragua. Mesmo os seus ananos e bufóns están cheos de nobreza, sobriedade e autenticidade: as marcas do xenio.

Te puede interesar