Opinión

PAN POR PAN

Apocalípticos. Os escritores sempre foron por diante. H.G. Wells foi o primeiro en describir unha guerra nuclear e en usar o termo ‘bomba atómica’: en 1914, con 31 anos de adianto sobre a realidade. Sorprende o éxito, dende sempre, das teorías da fin do mundo: o físico Herman Kahn calculou as consecuencias dunha conflagración nuclear entre Estados Unidos e a URSS: os americanos verían destruídas todas as súas cidades e terían 160 millóns de baixas. As teses apocalípticas pasaron logo das novelas e dos informes militares ó cine e á cultura de masas. Con moitas variantes. O choque da Terra cun gran aste roide letal. A propagación dunha epidemia ou peste mundial: Jack van Impe calculaba que no 2020 a infección por VIH acabaría co derradeiro supervivente da Humanidade. Como consecuencia fatal do cambio climático, etc. Oxalá nunca sexan máis que argumentos de películas.



Te puede interesar