Opinión

PAN POR PAN

Olga Gallego. Foi o nome do domingo, á marxe das emocións futboleiras, que xogan noutra dimensión. Olga Gallego, homenaxeada en Trasalba pola Fundación Otero Pedrayo. Discursos atinados de Ramón Villares e Víctor Freixanes e unha completa e literaria laudatio por parte de Pablo Ferro. Tamén gustou moito Craig Patterson, que presentou o seu libro sobre Otero e a identidade galega. O resto da xornada foi agradable: o xantar romaría no souto, as horas de conversa cos amigos, etc. Houbo menos políticos que outras veces: tiñan que gardar sitio para a noite. E a anécdota do xornada: fronte a carpa do xantar un bar ambulante puxo unha gran bandeira española coa lenda, en galego, ‘Pedimos apoio á nosa selección’. Por suposto, ninguén dixo nada ó respecto, nin sequera algúns asistentes, que sufriron a represión franquista. E logo algúns aínda dirán que o galeguismo non é tolerante.



Te puede interesar