Opinión

PAN POR PAN

Boas novas. Xa saben que o Senado de Romanía está a discutir un proxecto para que a televisión do seu país emita unha cota mínima do 50 por cento de boas novas. Ata agora nos manuais de xornalismo afirmábase que as boas novas non eran novas. Non sei se se segue a dicir aquilo de que a nova non é un can que morda a un home, senón un home que mordese a un can: hoxe hai noticias máis sorprendentes que esa nos xornais. A felicidade, a rutina, o benestar, non venden. A xente quere morbo, traxedias, sucesos, de vez en cando unha ración de euforia como estes días. E o poder necesita o medo, a inse guridade, como medio de control social: un mundo feliz e seguro quizais decidise xubilar o labor dos políticos. Mentres non chega tal utopía, nós xa lle gañamos ós romaneses: velaí toda a información institucional nos medios. Non pasa nada, todo vai ben, todos felices.



Te puede interesar