Opinión

PAN POR PAN

F.F. Riego Medalla de Ouro. O 18 de maio de 1948, dende Madrid, Ramón Piñeiro escríbelle ó seu amigo Fernández del Riego e pídelle información sobre a nova editorial que se está a xestar, ofrecendo o seu apoio ‘para que esta empresa acade a envergadura e a consistenza necesaria para que se asegure un influxo cultural permanente e eficaz’. Dende o comezo está claro que a futura Editorial Galaxia, fundada o Día de Galicia de 1950, é moito máis que unha empresa cultural: é un gran proxecto político de resistencia dende o galeguismo, para imaxinar un futuro diferente para a nosa terra. Con Piñeiro e Del Riego, están Otero Pedrayo, Carballo Calero, Xaime Isla, Gómez Román, etc., e un par de centos de militantes da galeguidade que recibían por subscrición todos os libros da casa. Unha Medalla de Ouro ben merecida: o premio a unha cultura simbolizada no mellor ADN do seu pensamento e da súa creación.



Te puede interesar