Opinión

PAN POR PAN

Poetas. Teño enriba da mesa tres poemarios de voces amigas pendentes de lectura. Comparto os seus títulos para que chegue a nova da saída destes libros a outras persoas. Dous deles son antoloxías dun longo período: ‘Lugar do canto’, publicado por Hipocampo Amigo, recolle unha ampla escolma bilingüe de Xesús Rábade Paredes entre os anos 1969 e 2007, presentado por Darío Xohán Cabana: nos primeiros poemas o Suso Rábade era aínda un mozo de vinte anos. Tamén recolle a súa obra lírica entre 1984 e o 2007 Miguel Anxo Fernán Vello, no volume ‘Astro interior’, publicado na colección Arte de Tro bar do PEN Clube. E o presidente desa casa, o ourensán Luís González Tosar publica en Galaxia o seu último libro, ‘Estúrdiga materia’, en fermosa edición ilustrada por Quintana Martelo e con limiar de Ferrín: é de xustiza agradecerlle ó amigo Tosar a dedicatoria dun dos seus intensos poemas.

Te puede interesar