Opinión

Antón Lamazares

Está rematando xa, no centro cultural da Deputación, a exposición de Antón Lamazares, vaise este pintor despois de deixarnos entrar -como excelente anfitrión- na súa ‘casa de todos’, por todos e para todos. Porque Antón é un home de corazón aberto e palabra transparente, por eso resulta tan acolledor contemplar os seus cadros, que sempre parecen sorprendernos con algo novo e distinto. Quizáis porque nós -igual que o autor- evolucionamos cada día, e non somos os mesmos, sendo a veces a casa amada, a soñada, a percibida, a intuída, a perdida, a abandonada, a casa a que sempre volver.


Con Lamazares dixémoslle adeus ó vello ano e comezamos o novo mentres el nos levaba a outra reflexión con ‘Fai frío no lume’, na que descubrimos que aínda que haxa casa, se se perde a quen moito se ama, non hai lume que nos quente. Os que tivemos a sorte de compartir velada con este ‘home da terra’, disfrutamos da súa bonhomía, dese seu franciscanismo que lle fai brillar os ollos e falar de paxaros, do seu garimoso trato e a súa magnífica condición de creador. É un auténtico poeta que soña e sabe facernos soñar a todos. Noraboa, Antón, querémoste.



Te puede interesar