Opinión

Eduardo Barreiros

Pero será posible? Unha vez máis a historia dun gran home comeza por un amor profundo de infancia. Neste caso o amor ó pai, ese non apartarse del, e do que ten entre mans. Unha vez máis a casa como escola infinita, como saber único e necesario, para quen con poucos estudos pode convertirse no mellor guerreiro, na intuición máis potente, nun motor invencible. Barreiros foi ante todo un loitador incansable, un ser humano cunha vontade e forza motriz de ferro, a quen a palabra ’imposible’ do equipo de enxeñeiros especializados non lle deu para atrás, senón que supuxo un reto. Algo dentro del lle dicía que era superior a todo o que o rodeaba, algo lle dicía a el que aquel camión podía ser pioneiro e especial. ’¡Imposible!’, dixeron, pero el non os creeu, e creou. ¡Así se fan as revolucións ideolóxicas, tecnolóxicas, filosóficas...! Non dicindo non porque si, senon apor tando aquelo no que creemos coa nosa fe máis férrea, para que outros poidan disfrutar do novo, do que nace das nosas mans.


De acordo totalmente co señor Marco Besas en que ademáis de gran empresario e inventor era unha excelente persoa. Esa era a escola, esa a ensinanza, ese o motor indestructible e todo poderoso.


De acordo tamén en que en EE.UU., con moito menos, venéraselle moito máis. Pois, aí vai o noso grauciño de agradecemento a quen tanto fixo e a quen moitos ignoraron. ¡Perdóalles, señor, porque unha vez máis esperamos a que morran para darlle gloria! Noraboa a Marco Besas por este documento entrañable sobre un home tan noso, grazas por querérnolo tanto e admiralo así, a Sancho Gracia pola forza telúrica da súa voz, ¡e que viva por sempre esa terriña fértil de Nogueira de Ramuín!

Te puede interesar