Opinión

Unha porta entre mortos e vivos

Samaín é no mundo celta un festival que se celebra a finais do mes de outubro e principios do de novembro. Con el, despiden o ano e comezan outro novo. Este pobo consideraba que nestes días (nos que as tebras lle gañan a batalla á luz solar) as leis cotiáns do mundo quedaban en suspenso, e os espíritos dos que se foran podían volver ó mundo dos vivos, así como os dos vivos ó mundo dos mortos. Eles cren que Samaín acontece fora do tempo, coma se se abrise unha porta dimensional ante eles.


Neste último banquete antes do inverno, disfrutaban de narracións contando historias dos seus seres míticos e ancestrais, e das dificultades coas que se atopaban os seus deuses e heroes para vencer ás forzas do mal. Todo esto fai clara alusión ó poder que xa exercen as noites sobre os días. Todo este misterio que o rodea fai do Samaín un tempo propicio para a reflexión e a lembranza. Deste seu desexo de comunicarse cos seus ancestros ven a tradición de facer unha especie de biscoito que se deixaba ben á vista, por se os que se foran querían volver para compartir mesa con eles.


Cando se bota tanto en falta ós que se lles quixo tanto, nun tempo da historia confeccionanse doces, e pasados algúns séculos, lévanse flores ó camposanto, pero todo deriva da necesidade de sentir que os que se nos foron, volven cada vez que nós os buscamos co recordo.


Samaín é polo tanto unha lembranza, sen tempo, unha expresa recuperación da memoria para non perder nunca de vista de onde vimos.


Te puede interesar