Opinión

APROVEITAR OS ENCOROS

Xa vai pra sesenta anos que formei parte do coleutivo que dragou o río Miño, na saída do túnel de turbinas da presa do encoro dos Peares. Os arrastres do río formaron unha morea enorme, maiormente formada de canto rodado, terras e árbores e malezas varias. Aquela morea non deixaba saír o fluxo de auga procedente das turbinas con suficiente rapidez e frenaba as revoluciós destas. Dahí a necesidade do dragado. Andando os anos, escomenzaron a arder os montes e, ó velos espidos da súa terra, por mor do arrastre das chuvias, din en matinar na cantidade inxente de mañíficas terras de labor asulagadas nos encoros.


A pesares da resposta que me deu un meu amigo, inxeñieiro xefe do Icona, cando lle apresentei un detallado plan pra reconducir e optimizar as repoboaciós forestais -no senso de que lle parecía un plan moi bén ideado, mais co fallo de non ter en conta que naquil orgaísmo ningén estaba pola labor de 'sementar' pra que outros colleitaran os loureiros,s egindo a liña do citado orgaísmo de non estimar ningunha idea allea ómesmo, como quedou confirmado con outro plan posterior, adicado a reducir a acidez das augas dalgús regatos, con vistas a conquerir un maior crecemento da fauna piscícola ó dotar ás augas dunha cantidade axeitada de cal, imprescindible pra formación dos espiñazos, cunchas, etc., na que me 'despachou'cunha referencia semellante-, decidinme a poñer na súa consideración o interesante que sería, aproveitando os anos de moita seca, retirar e facer acopio da máisima cantidade posible desta terra inmillorable. A contestación foi do mesmo corte: imposible por onerosa. É posible que naquiles tempos o fora, dado a carestía de medios. Mais hoxendía, a cantidade e calidade dos medios esistentes fixeran a operación moi rendable.


Nefeuto. Esta terra vexetal, coma todos sabemos, tén unha gran demanda por parte dos particulares, mais tamén podería ser aproveitada pola Administración pra, por exemplo, repoñer en zonas erosionadas, recheos e correuciós, etc.


Coido que o movemento de terras podería ser feito a custe cero a maioría, cedéndolla gratis ó estrautor. Outras, tal vez mais dificultosas, poderían ser financiadas pola Administración ou polas hidroeléctricas. Diste xeito, e como valor engadido, crearíamos un enorme potencial de almacenamiento de augas, cada día mais necesarias. Pode que 'a quen corresponda' lle non pareza viable. Tamén pode ser que, ó millor isto sexa un conto semellante ó do 'ovo de Colón'.

Te puede interesar