Opinión

BARÇA-MADRID

Istes dous poderosos clubes son as dúas caras da mesma moneda e, porén, están condenados a entenderse, posto que un sin o outro non acadarían o nivel ó que os dous se atopan. Durante un século, o que principiou como unha rivalidade deportiva foi derivando, maiormente pola laboura de direutivos fanatizados e pola prensa partidaria, nunha xenreira mutua que está derivando dunha rivalidade deportiva a unha enemizade aberta. As dúas instituciós están instaladas no círculo vicioso dun maniqueísmo rampante, onde, pra cada unha, os dela son os bós e os outros son os malos.


Por referirnos á situación autual, atopámonos cun entrenador que comete un feito incalificable que, ó ser recollido por todalas cámaras, escusa ó clube perxudicado de airear o caso, si bén, ladinamente, suxire a instrución de oficio dun espediente de castigo. Polo tanto, non denuncia 'por non perxudicar' e presume de non ser un clube bravucón 'coma outros', e volve mentar a posibilidade dunha rotura de relaciós. É obvio e moi coñecido que isto último non casa moi bén con certos episodios acaecidos na historia do clube, de todos coñecidos e que, en realidade, do que se trata é de enardecer a masa dos afeizoados. Nin que decir tén que episodios escuros pódense atopar na historia dos dous clubes. Ó expoñer cada un as miserias do outro, soio se consige que as masas se radicalicen.


O presidente do Barça debe ser o primeiro en decatarse, por propia comenencia, da necesidade de ter un rival forte que sirva de referencia i estímulo. Debe pensar que, ó entrar o Comité de Competición nos feitos, de oficio, vai traer consigo as alegaciós do Madrid. Iste di que sofriron amenazas, insultos, vexaciós e agresiós que o parecer foron incluso determinantes na reación do seu téunico. Xa sei que, posiblemente, o que xuzge o caso soio teña en conta as probas grabadas ou televisadas e non teñan valor algunhas das aportadas polo Madrid. Mais, si estas esistiron, os xogadores do Madrid e mailos do Barça sábeno, polo que a convivencia vaise tornar imposible.


E de tanta trascendencia o que está ocurrindo que, polo bén de todos, o propio Goberno debería reunirse cos dous presidentes, o presidente da Federación e o secretario xeral de Deportes, e chegar a unha 'entente cordial' que permita a todolos forofos dos dous equipos ter a festa en paz e poder disfroitar da súa afeizón sin sobresaltos. Que sexan integrantes da comunidade e non da tribu.

Te puede interesar