Opinión

Bilinguísmo

O bilinguísmo ideal, podería decirse utópico, no caso de Galicia, sería o dun coñecemento correuto dos dous idiomas oficiales e que permitise o uso de calisquer dos dous, indistintamente, en calquer circunstancia. O problema é que, por moitas razós, as prestaciós de cada unha son pouco equiparables. Dahí que, pra acadar o mór rendemento posible das dúas, hai que deixarse de impulsos viscerales e apelar a unha ‘praxis’ racional e ouxetiva que optimice os resultados.


O galego, lingua dos nosos devanceiros, que nos foi trasmitido oralmente de xeración en xeración, é a nosa lingua materna do sentimento, da relación social entre nós e na que está espresada a mór parte da nosa cultura.


O castelán, irmau e compañeiro do galego, e sempre vencellado á nosa istoria, foi sempre a lingua da oficialidade, da relación co mundo esterior, a dos notarios, xuíces, gobernantes, etcétera, ia do ensino, cousa fundamental pra poder esplicar o porque é a lingua mais coñecida iempregada polos galegos, mais incluso do que a súa.


Iste recoñecemento tácito da situación, por parte dos galegos, fixo que se acadase un chamado ‘bilinguísmo armónico’, moi posiblemente propicado polo complexo de inferioridade linguística, orixinado pola falla dun idioma escrito e que, por séculos, tivo a consideración de dialeto.


A chegada de novos tempos, ó eido da política, coa aparición de partidos políticos que, coa présa de arranxar en meses o que se non deu arranxado en séculos, viñeron a facer no caso idiomático ‘unhos pás como unhas hostias’. Escomenzaron por sustituír o necesario debate previo, encol da armonización ia uniformización da lingua escrita, por un enxendro, unha caste de ‘esperantiño badoco’ impuxérono polas bravas e, como lóxica conscuencia, acadaron un rexeitamento xeralizado, o cese da transmisión familiar da lingua, que se pode considerar o intre preciso da decadencia no número de falantes, paso previo a unha futura desaparición e, por outra banda, convirtiron o asunto idiomático nunha vaca leiteira.


Por si fora pouco o rexeitamento producido pola imposición, déronlle unha volta máis ó tornelo, impoñendo a metade das asinaturas no ensino en cada lingua.


As asinaturas, sobor de todo as téunicas, teñen un vocabulario específico que o galego, normalmente, non abrangue e que orixina, forzosamente, a apropiación de vocabulario procedente do castelán casi sempre, e que, á súa vez, tén moito dil asimilado de outros idiomas, sobor de todo do inglés.


Pero non remata ahí a cousa. Acontece que os ‘gurús’ do galeguismo normativo, no seu teimundo afán de diferenciar hastra as verbas que son comús co castelán, obrigan a traducir, sin pensalo nin querelo, dun idio ma ó outro e innecesariamente. Por exemplo, ¿qué se pode esplicar que verbas como ‘crisis’ ou ‘apendicitis’ haxa que traducilas ó normativo ‘crise’ ou ‘apendicite’? O abraiante é que persoas que se supón preparadas digan que non hai imposición linguística, por estar decretado un 50 por cento das asinaturas pra cada idioma. É como dicir que un rapaz de 12 anos precisa un traxe igual co dun home de 30. Ou que pode traballar o mesmo.


É sabido que o decreto do ensino esistente acadou amplo respaldo no seu momento, porque o programa que se ofertaba era totalmente contrario ó que despois se desenrolou. Polo tanto, imponse a súa derogación e sustitución por outro, debatido e consensuado, como se debeu facer antes e se non fixo.


Coido que, no ensino, debería haber unha asinatura específica de Lingua e Cultura Galega que, ó cabo dunhos cursos, situara ós educandos a un nivel óptimo. Coido, asimesmo, que o resto das asinaturas, agás algunha que poidese estimarse, debería darse en castelán, que é o verdadeiro enlace co mundo esterior. Nin que dicir tén que a xente, ó acadar un nivel óptimo no seu bilinguísmo, empregaría indistintamente calquera dos dous idiomas coa másima liberdade e sin complexos.


Non esquezamos que ser monolinguísta galego non é ser mais galego do que os demais galegos. O que si é mais pobre.


Te puede interesar