Opinión

A DESFEITA DO GALEGO

Algén escribiu: '¡Pobre México, tan lejos de Dios y tan cerca de los Estados Unidos!'. Parafraseando esta espresión, poderíamos dicir: probe lingua galega!, tan amada polo pobo galego e tan aldraxada e deturpada polos encarregados da súa custodia.


Ó meu modo de ver, a normativización do noso idioma, que aínda está sin facer, non está, como debía, na mau de filólogos e gramáticos. E digo esto porque si así fose respetaríanse as raíces e a semántica das verbas e se non traballaría 'de orella' e por analoxía prosódica, como fan os afeizoados que, coma modernos 'mestres cirola', 'ensinan galego' hastra na TV. Por exemplo: convirten 'escena' en 'escea' pola analoxía con 'cea' que é 'cena' no castelán. 'Inventan' o termo 'grazas' sin ter en conta que provén do latino 'gratia'. Trocan o latino 'sine' en 'sen'. Cambean a copulativa 'e', do latín 'et', pola 'i' en uso indiscriminado, cando esta é precisa mente a solución de emerxencia pra evitar cacofonías.


Os filólogos e mailos gramáticos da Xunta, si é que os hai, non teñen reparos en vender o traxe sin rematar, como amosa que esté sin regulamentar o uso do acento ortográfico. O uso da letra 'x', con dous sons (un espurio) e sin regla de uso. O emprego de 'u' e (¨), segindo a normativa castelá, na que sirven pra diferenciar o son de 'j' ou 'g', cando esta antecede a unha vogal 'e' ou 'I', xa que o galego, ó non ter a 'j', non precisa de elementos diferenciadores. O mesmo lle ocurre ós vascos, por iso escriben Agirre, Gipuzkoa, etc., do mesmo xeito que nos debemos escribir 'gerra', 'portugés', 'paragueiro', etc. A recuperación iemprego dunha 'reliquia histórica', como é a 'c' velar (con son 'k'), escribindo verbas como 'dirección', 'traxectoria', 'proxecto', etc., onde debería escribirse 'direución', 'traieutoria', 'proieuto', etc. Xa ó oílas, de por si, amosa a diferencia de musicalidade, que é un dos tesouros da nosa lingua. Non están debidamente revisados os plurales das verbas terminadas en 'l', e asemade en 'n', pola mesma razón de musicalidade prosódica. Sería de moita coña, si non fose patético, o uso xeralizado que se fai dos pronomes enclíticos, ises que mais fan por asemellarnos ós nosos primos asturianos, dicindo: 'cho digo eu', 'o estamos vendo', 'che debo', onde se debe dicir, ou escribir, 'dígocho eu', 'estámolo vendo', 'déboche', etc. A teima xeralizada de eliminar a 'n' (frear, ameaza, doar, etc.). Nesta última verba dase o caso de que se troca un verbo (donar) co siñificado de 'dar' por outro que siñifica 'facilitar', no senso de 'facer mais fácil unha cousa'. O convirtir a 'll' en 'l' (atropelar, falecer, en troques de atropellar, fallecer). O trocar a 'l' en 'r', caso do pobra, pruma, praza, apricar, etc. O reducir á terminación en 'oiro' todolos termos que o levan e mais os que rematan en 'eiro', nun senso de funcionalidade, como 'caladoiro', 'obradoiro', etc. O que me pregunto é si tamén haberá que dicir 'fumoiro', 'silvoiro', 'formigoiro', etc.


¿Por que ocurre isto? Porque o noso idioma pasou de ser un medio de comunicación e de relación íntima, entre todolos galegos, a ser unha iarma política, usada coma pendón de enfrontamento co castelán, representando ambas o poder e a oposición política, nunha loita empobrecedora e castrante que o único que consige é facernos ciar séculos hacia outra 'longa noite de pedra' que, por forza, vai traer consigo a morte da nosa lingua. Iste non é un xuízo aventurado. Cando un idioma funciona tén unha academia que o recolle da rúa, depurao, fixao e aténdea en todolos cambeos que se poidan producir. Cando o proceso é o que sofrimos, 'inventando' unha fala que tén pouco que ver coa da rúa, eivado, incompleto e deturpado, o que estamos é apresentando un futuro cadavre. É dicir: a crónica dunha morte anunciada.

Te puede interesar