Opinión

Do (apartheid) linguístico

É abraiante o ruxe-ruxe cotiá, dos mesmos de sempre, segindo a táutica da gota-gota furadora, de rexeitar o programa linguístico da Xunta, a pesares de que esta, polo menos hastra o día de hoxe, aínda se non pronunciou sobor da política linguística que pensa artellar. Bastante é que pense en consultar con tódolos pais de alumnos.


Seica di a portavoz do BNG nos temas de educación que os populares evidenciaron que ‘carecen’ de modelo educativo así como de unha ‘solución’ pra un conflicto linguístico ‘inexistente’, por sectores ‘próximos’ á nova Xunta.


Eu non sei si os populares teñen modelo linguístico ou aínda non. O que si teño claro é que o conflicto, artificioso ou non, vén creado polo bipartito e rexeitado pola maioría do pobo galego, como amosan os votos das últimas eleuciós.


O BNG considera a posibilidade da separación de alumnos, en función da lingua, unha ‘aberración’. Estou completamente dacordo. O desconcertante, pra min, é que critiquen un xeito de proceder, sobor do que aínda ningén falou, coma si foran bruxos. Por outra banda, eu son da opinión, que xa adiantei, nas páxinas de La Región, que non é preciso ningún tipo de separación (apartheid); abonda con usar o sentido común. Aínda que, coma todalas propostas, pode ser debatible, coido que pode ser o camiño máis nidio, sinxelo e doado, establecer unha asinatura de cultura galega -lingua incluída- obrigatoria, pra todos, que poidera ser o xeito de retomar a trasmisión do galego nas familias, que a deturpación normativa e maila imposición arredaron. Naturalmente, isto tén que ser feito co ensino do galego enxebre, que é o que as familias recoñecen como seu, e non o artificial e artificioso ‘esperanto normativo’ en vigor.


Iste é un xeito de conquerir que todolos rapaces saiban e amen a súa lingua. Despois, o uso dela, ou non, polas circunstancias que sexa, pertence ó libre albedrío iá persoal liberdade do falante. O resto das asinaturas, dentro dunha ‘praxis’ racional, deben de ter como lingua vehicular o castelán, e isto, por razóns obvias. É a lingua oficial da Nación. A dos autos e documentos oficiales. A de máis ricaz vocabulario. A de máis posibilidades de comunicación cun maior número de persoas. A que xa tén un vocabulario consolidado en materias téunicas. A que está sempre autualizada pola laboura da súa Academia, etecétera. A parte diso, ó sacarlle o peso da imlposición do galego, ás outras asinaturas, elimínase o rexeitamento que orixina.


Hai outra razón de moito peso, coido eu, que é dina de consideración. Todos sabemos que a inmensa maioría dos profesores que se ven na obriga de dar as clases, en galego, non teñen o ttal e necesario domino do mesmo, do que se resinte o ensino. Si formamos profesores especializados no eido da cultura e do idioma galego, descarregaríamos de responsabilidade e de traballos adicionales a profesores iestudantes. Así, os profesores de asinaturas xerales ensinarían no idioma en que iles aprenderon e, como lóxica consecoencia, rubiría o seu rendemento pedagóxico.


A imposición do modelo esistente, o de ‘brincanapalleta’, aparte de fomentar o fracaso escolar e de reducir oportunidades vitales, fomenta o aldeanismo, no seu xeito mais peiorativo, coma nunha especie de vólta á tribu, por mais que o queiran fachendear dándolle o nome de Fogar de Breogán.


Te puede interesar