Opinión

EDUCACION E ADOUTRINAMENTO

Días atrás, nunha desas tertulias da televisión, contemplei a unha moza moi agraciada, non sei si representando ou, alomenos, pertencente a IU, desbarrar sobor da desgracia que foi pra Hespaña o sistema educativo do franquismo. Coñecíase bén, polo tón empregado e polos argumentos espresados, que o seu non era froito do coñecemento direuto (a idade faino imposible), sinon do adoutrinamento de 'mestres' que antepoñen o seu ideario político, a machamartelo, á honestidade iá verdade histórica cando lles convén. Si non fose así, esta rapaza sabería que o sistema educativo do franquismo, agás os Principios Fundamentales do Movemento (outra caste de adoutrinamento), foi herdanza dos tempos pasados, República incluída. Que o sistema educativo era humanista e adicado á formación integral do individuo. Que deu cabo do analfabetismo. Que premiaba o esforzo ia excelencia no estudo e que non deixaba aprobar un curso con tres suspensos. Que delegaba nos mestres a 'autoritas' que lle correspondía. Que, efeutivamente, a falla de poder económico non facilitaba o ingreso na universidade, lastrada á súa vez pola mesma razón económica. Que o machismo imperante naquiles tempos de 'la mujer en casa y con la pata quebrada' danos a clave das poucas mulleres universitarias, pois en ningún caso prohibiu o sistema o aceso da muller á universidade. Que os rapaces estudaban Urbanidade, cousa que agora bótase moito en falla.


Un universitario, por moito que o adoutrinen, debería ter, pola súa preparación académica, a suficiente dosis de 'dúbida metódica' que o leve a pescudar no que aportan unhos e outros e, pola súa propia capacidade analítica, acadar conclusiós propias. Esta capacidade crítica é a que fomentan os mestres honestos.


O adoutrinamento é prevaricador por natureza ié, en maior ou menor grado, a orixe do seutarismo e mesmo do fanatismo. Os mestres adoutrinadores non merecen o nome de tales.

Te puede interesar