Opinión

ERAN OUTROS TEMPOS

Cando a un rapaz dos de agora se lle contan as cousas de fai sesenta ou setenta anos, a reaución inmediata é a de lle non dar creto ou, a mais so corrida, é a de dicir ¡eran outros tempos!, o cal é verdade. Pra que podar facer comparanza, velahí una cativa lembranza. O pai era o 'cabeza de familia' a todolos efeutos, o xefe, e había que tratalo co máisimo respeto, tratalo de Vd., lle non levar a contraria e pidirlle autorización pra calquera cousa que non fose da rutina cotiá de convivencia.


As rapazas casadeiras, antes de tér novio, comenzaban cun acompañante ou 'pretendiente', previa consulta e aprobación do pai que, por ou tra banda, adoitaba recadar información sobor do interfeuto antes de dar a correspondente autorización. Pra que as rapazas poideran estar co novio tiñan que estar bén á vista da familia e gardar a debida compostura. Do mesmo xeito, non podían ir a una festa ou baile sin ir acompañadas dun familiar ou dunha 'carabina' debidamente autorizada. Asimesmo, o pintar os beizos estaba moi mal visto, sobor de todo na clase obreira, e as que o facían eran alcumadas un tanto soezmente. Cando era pra casar, previa 'petición de mau', acordábanse padriños fecha, eirexa, banquete, etc.e mais onde ía vivir o novo matrimonio.


No que atinxe ós homes, e baixo a 'vixiancia' paterna, os rapaces facían de rapaces. É dicir: xogaban, loitaban, rebaixaban a carga de froita dos árbores dos viciños e ían á escola (a veces non) hastra os catorce anos en que uns segían estudando e os outros aprendían un oficio. Como é normal, o aprendiz ascendía a 'oficial' ó mesmo tempo que pasaba de mozo a home. As diversiós eran o cine, os cafés cantantes (nas aldeas os fiadeiros), as partidas de cartas ou dominó, as de chave, os concertos da Banda Municipal e mais as festas e verbenas, onde se 'rozaban' o que podían e, ó rematar, os que non dispoñían dunha rapaza 'comprensiva' adoitaban rematar cunha visita a una casa de nenas, das que 'pintan os beizos e tratan ó pai de tu'.


As familias daquelas acostumaban a ser de varios fillos, e tendo en conta que as necesidades eran, en moitos casos, maiores do que os ingresos, impoñíase unha 'economía de guerra', polo que non era raro que nunha cama durmiran varias persoas xuntas; que os rapaces 'herdasen' a roupa e os libros dos hirmaus mais vellos; que se lle 'dera a volta' ós traxes 'pasados'; que se estrenase o traxe, si se podía mercar, o día da festa (que era o día que se podía comer carne con certa abundancia), e que se aproveitase hastra o papel e o bramante dos paquetes pra calquer outro uso, e mesmo tamén os botós e corchetes da roupa que se gastaba pra repasar a roupa que o precisase.


As mulleres levaban, coma verdadeiros titás, todolos traballos do fogar. Lavado, planchado, fregado ieducación dos fillos. Repasarlle a roupa, vistilos, asealos, pasealos, ensinalos a rezar, a ser caritativos e respetuosos, levalos á escola, etc. Carrexaban os baldes de auga da Burga pros baños da familia, e cando a economía o permitía, íase os Baños do Outeiro ou os da Moderna. Tamén levaban a administración da economía familiar, nistes tempos de pluriempleo obrigado.


Nunca lle será agradecido o suficiente, ás mulleres dos tempos de pedra, os desvelos e os traballos que as convirtiron en alicerces da sociedade, ó precio de mesmo roubarlle saúde e anos de vida. Compre dicir, ademais, que a que tiña a 'desgracia' de ser nai solteira era sinalada pola sociedade, e tamén era protagonista recurrente daqueles 'folletís por entregas' que estaban tan 'de moda' e facían deshidratar ás mulleres polos ollos. Mesmo pros que somos testemuñas, non é doado entender que en tempos nos que soio había 'hornillos'ou cociñas de ferro (os que podían), con calefaución de braseiro, sin lavadoras, secadoras, lavaplatos, quentadores de auga, etc, poideran aquelas mulleres sacar tempo pra todo e, por riba, estar alegres.


O curioso é que naquiles tempos en que soio tiña bicicleta ó rapaz de familia acomodada, chamarlle a unha persoa ¡abuelo! non era un insulto.

Te puede interesar