Opinión

O ESPERANTO GALEGO

Fai, aprousimadamente, quince anos, nunha normativa das que se sucederon como láminas nun pastel de hoxaldre, establecíase que o plural das verbas terminadas en 'l' formábase suprimindo a 'l' iengadíndolle 'is' (plural/plurais). Ficaban, como esceuciós, todolos monosílabos e o termo 'misil/mísiles'.


O tempo, dando testemuña do descoñecemento ou da falla de rigor gramatical, traenos o modelo autual que establece que as verbas llanas, no singular, rematan co plural en 'es' (fósil/fósiles), o mesmo que as monosilábicas (mil/miles). As agudas rematan en 'is' (funil/funís). Con ista disposición, a mitade, aprousimadamente, pertencen á regla e a outra mitade á esceución. E que cadaquén as encaixe onde lle acomode.


O devandito non é mais ca un dos moitos exemplos de que o que se busca non é a defensa da nosa lingua sinon o mimetizala co portugés pra loitar á contra do castelán, polo que iste representa. Ou sexa, o seu uso como arma política. O sistema que se emprega a tal fin non é o normal en ningunha academia lingüística, sinon mais bén todo o contrario. Se non recolle a lingua da rúa, se limpa e se fixa, sinon que se 'inventan' verbas e reglas, con córtes por unha banda, engados por outra e retallos 'ocurrentes'.


Unha cousa semellante á creación do Esperanto, do Doutor Zamenhoff, hai perto de cento sesenta anos, mais ou menos. Xa sabemos o que durou e que utilidade tivo.


Os 'inventores' do Esperanto Galego, pra que se non diga, síntense moi ufanos convocando, un ano tras outro, o Día das Letras Galegas que é, coido eu e salvando as distancias, coma si se celebrase o Día do Viño Picado. A ensalada xa a tiñamos.

Te puede interesar