Opinión

A FOLGA DO ENSINO

Foi hai poucos días. Os sindicalistas ían atravesando o Parque de San Lázaro, desde o seu local social, portando os acostumados pertrechos de 'folgar', deica a fronte do 'Goberno Civil'. Ó pouco tempo, o ardor e mailos decibelios que poñían nas súas proclamas fixeron que os meus oídos dixeran ¡basta! e collín en direución á Catedral e á zona antiga. Nas albas portas do colexio das monxas de Santo Domingo 'lucía' unha convocatoria da folga. No meu deambular, alcancei a ver dúas ou tres pintadas mais, co mesmo tema e semellantes slogans, nos muros de vellas e singulares edificaciós, que cando se queiran desborrar vai a costar o seu. Eu din en matinar que, si os pintaron os escolares, poden ser a mostra da educación que reciben; si as fixeron os pais ou os profesores, poden ser exemplo da educación que lle están a impartir, e, si son obra da recoñecida eficacia e bó facer dos 'piquetes informativos', son a confirmación da outa estima en que os sindicatos teñen á educación.


Pasadas unas horas, e despois de ver os pases que, de diferentes localidades deu a TV, fiquei arrepiado por unha toma na que un mozo, moi novo, armado de megáfono e adobiado cunha bandeirola escrita cun tema sobor de non volver ós tempos de Franco, tiña, a carón, unha bandeira republicana que non sei que podía pintar alí.


Estou dacordo en que se non pode volver ós tempos aquiles en que os grupos escolares tiñan máis integrantes dos aconsellables (no meu curso do Cardenal Cisneros eu tiña o Nº 61, correspondente a letra F do meu apelido); ós tempos en que, no inverno, os rapaces (e maila xen te adulta) 'lucían' un variado catálogo de sabañós nas pérnas, nas maus e máis nas orellas. Dicíanos o profesor Pedreira, na Escola Normal do Maxisterio, que era millor dar a clase paseando polo Xardín do Posío, a semellanza da Escola Paripatética grega, que non dala alí, onde a intelixencia ficaba conxelada; ós tempos de fame e piollos, enfermedades e castigos físicos.


Mais, a idade do mozo fíxome matinar en que nin il, nin,probablemente, seu pai coñeceran nada, direutamente, do que pasaba nos tempos de Franco, sinon de oídas. Porque, si o coñecesen, saberían que, aparte de moitos e moi bós mestres represaliados e mesmo executados e outras inxusticias, tamén houbo cousas positivas. Soio vou nomear unha esencial: acabouse a endémica plaga do analfabetismo. E xa que estamos a falar de educación, dicir que o plan de estudos, na época franquista, era de corte humanista, o máis apropiado pra formación integral do individuo, que era impartida por mestres que gozaban dunha autoridade e dun respeto que non era custionado por ningén. Primábase e premiábase o esforzo ia disciplina e non pasaba o que o non merecese. Ensinábase tamén algo que parece ser que caeu en desuso, nos tempos autuales, a urbanidade.


Istes que non queren volver ós 'tempos de Franco' non se maxinan o perto que están diles, porque a xente do réxime trataba, coa máisima intensidade, de adoutrinar ós rapaces nos Principios Fundamentales do Movimiento. O mesmo que se quere facer agora en senso contra rio. Coido que as protestas, folgas e manifestaciós reivindican, misturadas con anceios moi lexítimos, o pasotismo, o 'dolce far niente' de algús alunos e profesores. O pasar de nivel con suspensos ás costas, unhos, e coartada pra escaquearse das súas responsabilidades,outros.


A min iste paisaxe, faime lembrar o refrán 'a cabra, co vicio, da cos cornos no cu'.

Te puede interesar