Opinión

OS FORNOS DE OURENSE

Pola década dos corenta, os fornos de Ourense eran coma instituciós ás que se ía con moita ledicia, por mor de coller o imprescindible pan noso de cada día e, en certas ocasiós, as saborosas empanadas das que Ourense tiña merecida fama alén dos nosos confìs, os polos sabedeiros, os mañíficos cabritos e a máis variada repostería. Arrecendía no ar unha mistura de aromas que saía da boca dos fornos e que, si bén non alcanzaban a fartar a andorga de ningén, facían soñar espertas as mulleres que carrexaban a iauga quente da burga, unhas pras súas casas e outras pras dos seus señores. Nos fornos tamén se acubillaban xentes necesitadas que lle posibilitaban ós panadeiros o facer unha obra de misericordia. Todos tiñan en común a leña coma combustible, e o fermento pra levedar a masa. Despois, cada un tiña algunha especialidade pola que era recoñecido e da que adoitaba fachendear. Así, o Camilo da Burga, que tiña fama de facer unha das millores empanadas, dicía que as dil eran as millores porque lle engadía á masa unha iema de ovo e un chorriño de leite.


Había uns fornos vedraios que estaban situados en caseque toda a súa totalidade nas Burgas e na rúa de Villar. Despois, foron vindo outros que, a medida que ían introducindo fornos máis modernos, ían afastándose do clásico forno de leña iempregando combustibles fósiles, que aumentan o rendemento e reducen a calidade. Os fornos eran: o do Camilo, a Canóniga, o Herminio/Flora, na Burga; o do Pepe, o Touzón/Lela, o do Francisco io do Alejandro, na rúa de Villar; o do 'Merdento', no Xardín do Posío; a 'Espiga de Oro', trasladado da rúa P. Feixóo a rúa de Galicia, a carón do forno da Piedade; o do Sequeiros, en Hernán Cortés; o 'dos Obreiros', nas Mercedes; o do Cartao, na avda.da Habana, fronte doutro que estaba onde hoxe está Previsión e Caixanova; o das 'Cabañas', no Couto; o da Casablanca, nas Pías; o do Migel, fronte á fábrica de calzados Mosquera; o de San Francisco; o do Marcial, na Follateira; o do Arias, na Ponte, e, perto diste, fixéronse o do Camilo, no Rincónm io do Arturo, no Ribeiriño. Deixei pro último dous fornos que poderíamos alcumar de emblemáticos: o do Páxaro, xa pechado, que era unha referencia nas empanadas, io do 'Palillos', en Regeirofozado, que foi aberto por un panadeiro dos formados na 'escola' da rúa de Villar, xa finado, e que sige tendo posiblemente unhas empanadas das millores do mercado e sige cocendo co forno de leña tradicional.


O devalar dos tempos trouxo outra morea de fornos, casi todos instalados na periferia da cidade e mesmo moitos en concellos viciños. Podemos nomear, aínda que se nos esqueza algún, o da Vistahermosa, o do Sindo, o doCumial, o de Ceboliño, o Ansuíña, por baixo das Eiroás, os de Santa Cruz de Arrabaldo, os de Rivela a Barra, Coles, Melias, etc. Todos son grandes profesionales e normalmente fabrican outros produtos de moita categoría. Eso si, o que se lle non pode pidir e que fagan milagros. O progreso imparable, os non permite e, de calquer xeito, temos un pan dos millores de Hespaña.

Te puede interesar