Opinión

...Gordas e porcas...

Dicía meu abó: ‘Cando busquedes muller, pra casar, buscadeas delgadas e limpas, que gordas e porcas póñense elas’. Con perdón. Nun senso semellante ó que alenta niste aforismo, teño esposto, a cotío, que a educación io ensino deben ser, sobor de todo, imparciales e asépticos, con información ouxetiva e sin adoutrinamentos, seutarismos ou proselitismos incorporados. Abonda con ensinar o xeito correuto de discurrir pra usar, racionalmente, os coñecementos adequiridos. Despois, a intelixencia, o natural da persoa e, con toda seguranza, o exemplo de pais e profesores levarán a cadaquén a escoller o rumbo que mais lle acomode.


O eido da política, de calquer política, está ateigado de xente, de todalas ideoloxías, que estando dacordo en moitas cousas ien desacordo en outras, teñen que tratar de conquerir soluciós que poidan suscribir todos, a prol do bén común de toda a sociedade.


Mais, será casi imposible acadar isto si as discusiós e negociaciós se non basean na honestidade intelectual e no respeto ós adversarios. Non é de recibo que, por exemplo, unha determinada formación política teña ‘enchufados’ ós seus afiliados, simpatizantes, os amigos, a todolos niveles, e, á súa vez, poñan o ‘berro no ceo’ porque fagan o mes mo, os da ‘competencia’ nos territorios que gobernan istes. Tampouco é razoable, nin lóxico, que certos partidos minoritarios, collendo o todo pola parte, asuman e traten de que asumamos que os seus plantexamentos son os de toda a sociedde, cando as urnias non dixeron iso. Normalmente, son grupos ou partidos que, berrando moito, aínda sendo poucos, quérennos convencer de que son moitos. Sempre, nas súas proclamas, queren facer coincidir os intereses sociales cos seus intereses de partido. Do qeu se trata é de abocar o poder e non soltalo.


A min, persoalmente, abráiame que os xornales, de xeito cotiá, parezan campos de Agramante onde soio se fala de corrución, descalificaciós, insultos, bravuconadas, etcétera, e nunca de acordos políticos entre partidos enfrontados que, entre nós, é cáseque imposible por mor de que a falla xeral de educación convirte ós adversarios en inimigos.


Estou a espeutativa do que nos ía traer o anunciado plan de educación linguística da Xunta, e mergullado nun mar de dúbidas. Porque, si xa saiu, eu o non souben. E, si non saiu, ¿cómo se pode estar atacando e amenazando á Xunta por algo que aínda non dixo nin fixo?, coma ocurriu o 18/10, en Santiago, nunca caste de condena preventiva.


É de risa, si non fose patético, que os mes mos que racharon o equilibrio tradicional no uso do bilinguismo queiran vendernos, agora, a mula cega de que os responsables foron outros. Os mesmos que, no seu afán impositivo, fixeron que a xuventude galega rexeite a súa lingua. Os mesmos que non parecen querer decatarse de que as linguas soio sirven pra comunicarse e que non teñen ningún dereito. Que os dereitos son das persoas, os mesmos que, usando a lingua como arma política, non recoñecen que os galegos teñen un mais e millor coñecemento do castelán ca do galego, incluídos iles. Os mesmos que veñen de maniestarse cun ministro que di defender o galego que fala non tén nin rén en común co de Cée-Corcubión, onde il é nado. Os mesmos que se laian de que os non deixan ‘vivir en galego’ por mor do idioma, coma si os que non falan galego deixaran de ser galegos e mesmo como si ‘vivir en galego’ fora pertencer a suha sociedade tipo Heidi.


Volvendo ó principio, a educación impartida e asimilada de sensos diferentes arriquece ié necesaria e constructiva. O mal está na falla de respeto e de honestidade que nos leva, ó cabo, o seutarismo e mesmo a convirtir á xente en forofos ou hooligans. Parafraseando a meu abó: ‘Votade políticos honrados e traballadores. Lacazás e aproveitados hanse volver iles’.





Te puede interesar