Opinión

AS HOMILÍAS

Areforma da liturxia, sobor de todo na misa, foi un paso anovador e moi importante pros cristiás praticantes, pois pasou dunha liturxia desenrolada en latín, lingua da Eirexa e descoñecida para a inmensa maioría do 'rebaño fidel', a outra que, por empregar un idioma oficial, tornouse en mais parcipativa e achegada. É dicir, pasou de ser esplicada a ser vivida. Do 'corpus misae', caseque todo en latín e, por razós obvias, afastábase a homilía, que era e aínda é a lingoaxe 'misioneira' destinada a sementar as verbas de Deus e afortalar os froitos delas no corazón dos creíntes. As homilías veñen ser como cativas dosis daquelas 'santas misiós' dos anos corenta, que tentaban de poñer ó home diante do seu espello vital e sacudilo pra facelo reaucionar e animalo a non desviarse do camino de Deus ou, no seu caso, a retomalo. Nin que dicir tén que nos resultados acadados pola predicación tiñan moito que ver as calidades oratorias e comunicativas do padricador.


Agora estamos a vivir unha volta atrás no proceso. As cualidades do celebrante non contan, pois o sistema consiste na elaboración previa dun escrito pastoral, non sei si feito en cada parroquia, independientemente, ou si é unha misma pra todalas parroquias da diócesis e que se lé coma homilía. Ás veces, coido que sin preténdelo, engadeselle un certo nivel teolóxico que non tén en conta o dos feligreses. Isto tén o problema de que os que o lén trabúcanse de cando en vez, restándolle solenidade á palabra de Deus iengadíndolle unha certa sensación de rutina ó proceso litúrxico, que chega a semellar que cada misa é unha fotocopia da anterior. Hastra os que lén a Epístola, os que lén as preces, os que cantan e os que recadan as esmolas son sempre os mesmos. Soio cambea alguna vez o destino das aportaciós (Domund, misiós, Cáritas, etc.).


Eu lle non boto ós cregos a culpa de que na eirexa non sonen os armoniums nin os cantos dos cativos. Pode que estean sobrepasados polos tempos e que as soluciós, si é que as hai, teñan que virlle darriba. Iles teñen que seguir tratando de giarnos na interpretación dos Mandamentos e nas súas particularidades, con arreglo ós tempos de hoxe. Ou sexa, analizar os Evanxeos á luz dos dos novos tempos. Coido que nesto pódense refundir todalas homilías.

Te puede interesar