Opinión

Ífilos

Con iste tiduo, escribiu un artigo o profesor Alonso Montero, hai xa un tempo. Referíase, como indica o nome, á xente que emprega, na súa fala ien todolos casos, a copulativa ’i’, mesmo coma no portugués, producíndose, cando a veba seginte comeza con ’i’, unha cacofonía (do grego kakos = malo, e fonos = voz) moi rechamante. Non lle falla nin ren de razón ó profesor, pois é unha cacofonía que, sobor de ser unha incorreución gramatical, é dunha prosodia tan ríspida que mesmo pón dos nervos a calquer galego-falante de nación. P. ex.: María ’i’ Isabel. O curioso do caso é que, o uso temoso da ’i’ fai a prosodia tan carraxenta, ou mais, cá propia cacofonía.


Hai, tamén, o caso contrario. O dos que empregan sempre a ’e’, incurrindo en cacofonía cando a verba seginte comeza coa mesma. P.ex.: ’Consellería de Educación ’e’ Ensino ou de Ensino ’e’ Educación. Fulano ’e’ eu, etcétera.


Soio a teima de querer diferenciar, a todo custe, o galego do castelán, e hastra mesmo cando se trata de verbas ou modos gramaticales iguales nas dúas linguas, está detrás destas barbaridades lingüísticas.


Nefeuto, o castelán tén a ’y’ coma conxunción copulativa de uso normal. Mais, tén ’e’ como recurso operativo pra zafarse da cacofonía.


No galego é o mesmo. Agás que, como de uso normal tén a ’e’, lóxico por vir do ’et’ latino, e ’i’ como recurso lingüístico.


A nosa lingua galega sempre foi moi ’mirada’ coas cacofonías. Abonda con ver que, hastra que non chegou a desfeita da potaxe normativa, os galegos rezaban ’pola ialma’ dos difuntos; mallaban o pan ’na iaira’ e ían á fonto ’pola iauga’. Hoxe, coma botón de móstra, basta ver calquer esquela mortuoria pra decatarse da situación.


Pois ben, toda esta tropa que preconiza o afastamento do castelán, paradóxicamente, depende tanto dil que fala nunca xerga de construcción castelá e verbas lusas, galegas ou pseudo galegas e mesmo tamén castelás, aínda que, niste caso, tratan de fuxir das do acerbo común. Non hai mais que oír verbas coma: Ocorrer, todavía, cuxo, grazas, Galiza, escea, condear, gañar, danar, respecto, traxectoria, etcétera, ou construciós como: se dixo, o faremos, se produciu, etcétera. E de verdadeira risa, mofa e befa o ver que, moita desta xente da cacofonía ’crónica’ trata, nembargantes, de fuxir dela copiando, asimesmo, do castelán, con espresiós copiadas diste, como: ’o noso alma’, ’caer no auga’, etcétera. Hai unha que alporizaba particularmente ó mestre Segundo Alvarado (q.e.p.d.) ’o saque do área’, dos locutores da TVG. Os da radio galega tamén sigen a confundir os ’grados’ cos ’graos’.


Tamén se nota a presencia do castelán no uso da diéresis (normativo diérese) que non pode esistir en galego, por innecesaria. O castelán si que a precisa. Tomemos un exemplo: A verba ’paragüero’. Si suprimimos a diéresis, no castelán, pronunciaríase ’paragero’. Si entre a ’g’ ia ’e’ non levase a ’u’, diríamos ’parajero’ iste recurso pra diferenciar a ’g’ da ’j’ é a ’nai do año’. Bótase bén de ver que o galego o non precisa posto que carece da ’j’. Polo tanto, emprega ’paragueiro’ con total naturalidade.


Tampouco esiste en galego a ’x’, con son ’ks’, coma no castelán, como emprega a cotío a normativa, vendéndonos a mula cega de que pertence ó ’galego culto’, máis non dando unha norma gramatical e suplindo esta cunha vergonzante ’licencia de uso’ que vén a dicir que ’certas verbas que proceden do castelán e, polo tanto, teñen o son ’ks’, pódense usar no galego, co mesmo son’. O que equivale a dicir que pra saber cales son hai que coñecelo castelán, ’a priori’, e que é, precisamente, a lingua da que nos queren afastar.


Outra ferramenta imprescindible en calquer lingua, sobor de todo na escrita do galego, é o acento ortográfico, que nos indica a prosodia axeitada e viceversa. Os normativizadores ’casualmente’, esquecéronse diste ’cativo detalle’.


Pois, con todo isto, ’os únicos auténticos galegos’, os da Mesa pola normalización lingüística, pretenden levarnos polo mundo adiante, afastados do castelán, co universalmente recoñecido galego normativo, como lingua vehicular e, supoño que, collidos polo narigón. O narigón, por suposto, xa nolo colocarán na galescola.



Te puede interesar