Opinión

DE INFRAUCIÓS E MULTAS DE TRÁFICO

Eticamente, en teoría, suponse que unha multa ou sanción é a consecuencia inmediata, como castigo, pola infraución de algunha lei ou disposición encamiñada ó goberno de algún tema de interés xeral. Os castigos deben ser proporcionados á gravidade da falla ou delito, ou serían inxustos. Do mesmo xeito, os encarregados da elaboraución das leis e mais tamén os que as aplican, teñen que ser os mais respetuosos iexemplificadores coas mesmas, ou pasarían a exercer de tiranos ou, cando menos, de prevaricadores.


Por disgracia, nas multas de tráfico a cárrega adoita caer sobor dos mais 'débiles'. A cousa principia cando os que organízan o tema da circulación ia seguridade vial, sin consultar con ningén, mesmo coma si falasen 'ex cátedra', ensarillan unha ringleira de medidas que, co pretesto da seguridade e do aforro enerxético, buscan, en realidade, unha fonte de recadación, vía sanciós, á contra do bolso dos sufridos cidadaos. Cando, xa fai unhos anos, a Xefatura da Garda Civil de Tráfico trasmitiu un comunicado interno á Direución Xeral de Tráfico, no sentido de que estimaba que, dado o nivel de millora acadado na calidade da rede viaria e mais do parque automovilístico, procedía aumentar as velocidades máisimas e trocar o conceuto de 'velocidade máisima' polo de 'velocidade inadecuada', a reaución inmediata do citado orgaísmo foi rebaixala. Como se ve, xa escomenzaba a trasmitir sinales do seu afán recadatorio.


Nas autovías sucédense tramos, sin xustificación aparente, onde se alternan tramos de distinta velocidade, mesturados con sinales de velocidade recomendada que, o único que fan e despistar ós condutores e predispoñelos á infraución. Mentres, hai señalizaciós, en algures, tan disparatadas que enganan por veces mesmo os coñecedores do tramo. Do exemplo que dan os mandatarios é unha boa mostra o reportaxe televisivo, onde se ve o coche do alcalde de Madrid io do direutor xeral de Tráfico mais que duplicando a velocidade establecida e sinalizada. Ou as fotos dos coches oficiales aparcados mesmo no paso de peós. Ou os coches da Policía Local aparcados mesmo onde un foi multado, o día anterior, por 'entorpecer o tráfico'.


Eu persoalmente teño un sucedido moi rechamante. Nunha ocasión en que viña de Santiago, sobor das sete e media da mañá, sintín o barullo dunha serea e vin, polo retrovisor, as luces de gálibo dun coche da Garda Civil. Aparteime pra deixarlle paso e pasou a meu carón, segido doutro da mesma marca, color e modelo do que o meu e, detrás diste, un coche negro, de gama alta, segido de outros dous coma o meu. Púxenme tras diles e, sin baixar de 140 km/h, chegamos ó Rego, entre Sobreira Viduedo, onde houbo que parar, por mor dunhas obras de remodelación da calzada. Do coche que tiña diante saiu unha mau que, con además moi espresivos indicábame que ou deixaba a 'caravana' ou me ía tocar un 'premio'. Nin que decir tén que fixen o que se me indicaba, mentres matinaba a que se debería unha présa tan grande. A resposta tívena ó seginte día, lendo La Región. As présas viñan dadas polas urxencias de D. Manuel Fraga que ía colocar unha placa conmemorativa na Mezquita, na casa onde naceu D. Felipe Fernández Armesto 'Augusto Assia'.


A última 'ocurrencia', de momento, é a famosa dos 110 km/h. Abonda con considerar que países como Francia, Bélxica ou o Reino Unido veñen de aumentar o marxe de velocidade, por motivos de eficacia, e que Alemaña, onde non hai límite de velocidade nos Autobhanen, é o país de menor número de acidentes pero tamén, claro está, o de menor recadación por iste conceuto.

Te puede interesar