Opinión

A inmersión linguística

A inmersión linguística é unha teima nacionalista que vai ter como consecuencia, si Deus o non remedia, que nos afogemos no idioma propio.


Todolos programas políticos son moi respetables. Mais, cando atentan contra o bén común, dun xeito tan evidente como é o caso, non é posible nin honesto gardar nin un asomo de neutralidade sobor do tema.


Porque, socapa dunha pretendida defensa da lingua galega, o que trata de facerse é suprimir totalmente o uso da lingua da nación aplicando o mesmo sistema que se dice combater.


Porque o idioma que se quere implantar e unha caste de potaxe de castelán, portugés e galego mesturados e que, desde logo, non é o galego dos devanceiros. É un idioma de laboratorio, incompleto e mal normativizado, co que parece que se quere simbolizar unha argamasa que una pobos que poidan constituír a Galicia do futuro. É coma un esperanto caseño.


Porque suprimir a lingua nacional é restar. Si restar sempre foi malo, niste caso é pior porque, ó longo, prívanos do elemento mais importante de relación co resto da nación e cos millós de castelán-falantes do mundo.


Porque é anticonstitucional e vai á contra da liberdade das persoas. Convirte ó pai-estado en comisario político.


Porque o ensino, en galego, das materias escolares, é un atranco pros escolares, debido ó esforzo de asimilación que require e porque a falla que tén de bocavulario, con respeuto ó castelán, xungido á esclusión de posibles ensinantes castelán-falantes, de mais outura inteleutual, empobrece a nosa cultura. É como andar cun coche coas rodas cadradas.


Porque non é o sentir da maioría sinon dunha minoría que, por moito barullo que faga, non se representa mais que asimesma.


Porque cando chegemos ó punto crítico que se persige, o coñecemento esclusivo do galego, os universitarios que teñan que estudar fora de Galicia terán que, forzosamente, aprender un idioma novo. O mesmo caso darase en calisquer galego que pretenda traballar fora de Galicia.


E cando se dé a mesma circunstancia en todolos países da Galeuscat ¿cómo se entenderán os políticos, entreles?, ¿a golpe de intérprete? En Galicia, coma de costume, imitando as piores decisiós dos nacionalistas vasos e catalás, os nacionalistas galegos crearon unha organización que, con mais setarismo que coñecementos, adicouse a espallar, adoutrinar e reivindicar, mesmo diante da Administración e con teimosía de ’mosca cojonera’, o total emprego do galego normativo, sin pensar nos incomenentes. Desde que acadaron poder na Xunta e acadaron a responsabilidade da Educación, a Mesa pola Normalización Linguística, exerce de comisariado linguístico, ’con mando en plaza’, praticando unha política de feitos consumados. Por si houbese algunha dúbida, as últimas propostas, coa galegización da Semana Santa do Ferrol incluída, así o amosan.


Queren ensino total en galego, iemprego a todolos niveles. Non se sabe bén cal é o grado de galegización que queren pras festividades da Pascua. Mais, a xulgar polo devandito, coido que na consagración cantarase o Hino Galego. Se non pode dubidar que a letra do Hino mesmo pega bén coa consagración. Nas procesiós será música axeitada a Negra Sombra. Os cofrades vestirán coroza e portarán fachós acesos. Si algún ’escéntrico’ quere cantar unha ’saeta’ terá que facelo en galego e, podendo ser, a ritmo de Alalá ou Foliada. Tampouco se desbota a Muiñeira.


Cabe calquer solución galegizadora. Inspiración e punto de referencia, niste tema, pode ser a vella cantiga: Os galegos, en Galicia/ cando van en procesión/ levan un vello de santo/ e unha vella de pendón.



Te puede interesar