Opinión

O 'LITO'

Opai era comunista, dos de verdade. Tanto que, cando naceu o seu fillo, púxolle de nome Lenin. Comoqueira que, ó pouco tempo, comenzou a Gerra Incivil e, após dela, a postguerra, onde estaban 'mal vistos' certos alardes que, asemade, podían traer consecoencias pouco desexables, a familia, con moi bó tino, nomeabao 'Lito'. O pai, coma moitos, foi 'claudeado' e, ó parecer, o que lle deu o 'paseo' foi un viciño do mesmo pobo.


Pasaron os anos -xa o 'Lito' era pai de familia- e certo día iste colleu unha 'motoreta'que tiña pra ir a traballar, cando, na primeira curva da estrada, atopouse de súpeto cunhas vacas que, acompañadas polo seu dono, ían a pacer ó lameiro. Non tivo tempo de esquivalas. Topou contra delas e matouse. O reclamante do caso é que o dono e gía das vacas era o presunto verdugo do seu pai


E tal fatalidade ¿terá algo que ver co fatalismo do sino das persoas? ¿ou será un elemento máis que confirme a teoría da Lei de Murphy que, á súa vez, poderíamos alcumar como a versión pseudocentífica do refrán galego 'Deus, cando dá, non é migalleiro'. Soio Deus o sabe.

Te puede interesar