Opinión

Onde estamos

Cando eu fixen a ‘mili’, aló pola década dos cincoenta, tiña un benquerido compañeiro, natural de Íscar (Valladolid), que me alcumaba, cariñosamente, de ‘gallegazo’ e, tamén, de ‘inglesazo’, por mor da miña arraizada costume de falar en galego cos meus paisanos, diante dil ou de outras persoas, mesmo falantes de castelán. Tiven que pidirlle perdón, moitas veces, pola evidente falla de educación e, de paso, esplicarlle que o motivo de tamaña incorreución viña dado polo noso subconscente galego de identificar a nosa lingua nai co mais viril, esgrevio e forte, mentres o castelán era, pra nós, a lingua dos señoritos ‘finolis’ e das súas ‘nenas’, aplicado iste adxetivo xenéricamente, é dicir, que valía, tamén, pros ‘nenos’, dos que tratabamos de diferenciarnos instintivamente.


Pódese dicir que, daquelas, comenzaba a rematar, malia os atrancos ditatoriales, a ‘longa noite de pedra’ dos ‘séculos escuros’, en que o país dividíase, linguísticamente, en monolingues galegos, monolingues en castelán e, tamén, nunha pequena porcentaxe de bilingues. Isto foi o que levou a persoaxes como Feixóo, Sarmiento, M. Salazar, Pensado, etcétera a defender o ensino en galego, no primeiro ensino, ós rapaces monolingues en galego, e ilos direucionando, despois, ó estudo en castelán. Aducían a importancia ia avantaxe que no futuro suporía, pra iles, o coñecemento dunha lingua que é un verdadeiro tesouro de raíces latinas e mesmo prerromanas, como é o galego, pro estudo de todalas linguas romances e mais algunha alleas. Ilustrábano con algús exemplos persoales.


O galego segía a ser unha lingua oral, agás pra algús escritores, no que tiña moito que ver o alto índice de analfabetismo e, ademais, unha lingua aldraxada, rexeitada e identificada como ‘dialecto de patanes, rústicos, incultos e ignorantes’, que estaba mal visto e incluso prohibido falar, en moitas familias. A estas familias era, normalmente, ás que pertencían os destinatarios dos nosos alcumes de ‘nenas’. As mesmas das que saíron moitos dos autuales Torquemadas galegistas.


Como, na miña época, xa o ensino era obrigado ia asistencia á escola mais cotiá, mais pola toma de concencia dos pais e pola liberación dos rapaces, de certas tarefas domésticas, que pola amenaza de sanciós, e co sacrificio vocacional dos mestres, os rapaces escomenzaron a coñecer o galego escrito das Cantigas do Rei Sabio, a poesía de Rosalía e Curros ia de outros moitos amantes da súa térra que aportaban, apaixoadamente, as súas reivindicaciós redencionistas. De un diles, Castelao, é o dito famoso ‘o galego non chora, emigra’. Porque os mozos galegos viron, na emigración, unha posibilidade, reforzada polo coñecemento do aprendido na escola, de remediar a súa situación ia dos seus noutros lares alleos e lonxanos, conquerindo o que a súa patria lles negaba. É dicir, de facerlle ‘a figa’ a un sistema caciquil, opresor e abafante, criador de dependencias, de miseria, de iñorancia e de falla de liberdades. Os descendentes daquiles galegos, espallados polo mundo, dos que se pode dicir que casi ningún fala galego, son ós que agora queren facer galegos, e con todolos dereitos. Do que non falan é das obrigas.


¿Terán que aprender galego? ¿Terán que galegizalos nomes? ou ¿abondaralle con darlle o voto a quen lle manden? Agora volve o caciquismo, disfrazado de política e, co gallo de vendernos un difuso e impreciso conceuto de ‘vivir en galego’, queren convencernos de que a nosa cultura está en perigo. De que ‘gozamos’ da propiedade dun ‘feito diferencial’, coma o RH dos vascos, que nos fai ser superiores ou, polo menos, distintos ós demais, pero que todo iso está en perigo por mor de que a nosa lingua, como parte indisoluble da nosa cultura, está asoballada polo castelán, polo que hai que erradicar iste e non falar nada mais ca en galego que, como é sabido, é moito millor, como instrumento vehicular, pra darnos a coñecer, culturalmente, polo mundo adiante.


Os caciques, e non todos eran malos, contaban co respeto ou co medo en que, hacia iles, educaban as xentes ós seus fillos. Agora, o adoutrinamento comenza na galescola.


Coido que esa gabela de xente, que apenas se representa a si mesma, e pretende representarnos a todos, o que está a padricar é a volta á tribu. Mesmo asemella que está principiando unha longa e medieval noite de Taifas, ateigada de incertezas e desacougos.



Te puede interesar