Opinión

O 'PARENTE' DO CARDENAL

Co gallo dun percance ferroviario acontecido nun dos túneles da zona, entre León e Ourense, coincidiron no lugar dos feitos os alcaldes dos concellos mais próusimos e mais afeutados. O alcalde da Rúa de Petín era daquelas don Xosé Quiroga, tempos andando presidente da Xunta de Galicia, e que, por mor das súas obrigas como médico, chegou un chisco tarde, cando xa cáseque estaba feito todo o que había que facer. O caso é que, ó pouco de chegar il, chegou tamén o direutor xeral de Renfe, señor Ribero de Aguilar, dos do Pazo do Faramello, que departiu con iles amigablemente, deulle as mais espresivas gracias, tanto no seu nome coma no da empresa, e despidiuse diles moi cortésmente. Por si esto fose pouco, ós poucos días o señor Quiroga acibiu unha carta do señor Ribero de Aguilar, reiterándolle o seu agradecemento.


Na primeira xuntanza que tiveron a coincidencia de verse varios dos alcaldes da citada angeira e, aínda abraiado o señor Quiroga polo detalle da carta de agradecemento do director xeral, perguntoulle ós seus colegas polo seu parecer. Iles, moi estranados, dixéronlle que ningún recibira a tal carta. Don Xosé, moi estranado e confundido e sin alcanzar a comprender o porque de ser il o único destinatario da misiva, foi remoendo hastra a súa morada, e nada mais chegar, foise dereito ó seu despacho, onde tiña archivada a carta. Colleuna, mirouna e remirouna bén e, ó ver a direución, un sorriso de recoñecemento alumeou a súa faciana. Nil poñía: 'Señor Don José Quiroga Palacios', ou sexa, os apelidos do noso benquerido cardenal don Fernando Quiroga Palacios.


Pode que naquil intre, don Xosé lembrara o tiduo daquela famosa obra de teatro: 'La importancia de llamarse Ernesto'.

Te puede interesar