Opinión

Portugués da Galiza

Por si houbese algunha dúbida de que a Normativización era unha pósta en marcha hacia a inmersión e mimetización do galego no portugués, empregando a unha meirande parte do profesorado coma un ‘Cabalo de Troia’ no derrubo da lingua galega, vénse a confirmar agora coa ‘presentación en sociedade’ da ‘Academia Galega da Lingua Portuguesa’ (sic). Seica nace ‘pra manter a unidade lingüística de Galiza con outros países lusófonos’. Terían que esplicarnos desde cando Galicia é un país lusófono e, máis tamén, que unión linguística tén Galicia cos países lusófonos que non sexa a natural afinidade que lle dá a súa común nacencia.


Dicen que nace coa ‘vocación de concienciar á sociedade do carácter lusófono do idioma galego’, ó cal calificaron de ‘forma de portugués’. Di o presidente da citada Academia que ‘En Galiza se fala unha cousa que se lle denomina galego, pero vén sendo unha forma de portugués’. O presidente non debe coñecer, recomendámoslle que os lea, os traballos de ilustres linguistas galegos, e non galegos, como por exemplo Feixóo e Sarmiento -entre os máis antergos- e M. Salazar e Pensado -entre os máis ‘mo dernos’-, que deixaron nidiamente esplicado que o portugués é idioma derivado do galego e non ó revés. Podíanos esplicar o señor presidente que, por certo é catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Vigo, como é posible que o feuto sexa anterior e máis determinante do que a causa.


Di, asemade, o presidente, que ‘por indicacións dos lingüistas’ (il non debe selo, a pesares da tiduación) chámanlle ‘portugués da Galiza’ ó ‘idioma’ co que iles queren suplantar ó galego, hastra facelo morrer, por consunción, e retratan iste seu proieuto cando dicen que ‘queren achegarse á lingua galega porque está morrendo’. Tamén é revelador que diga o presidente que o idioma que iles preconizan e defenden é portugués, ‘mais non o de Lisboa ou Coimbra. Si non é o portugués oficial’. ¿Cal é? ¿Establecen eiquí a súa base porque en Portugal os non deixan? Iste pseudo idioma é o mesmo que algún profesor di que é ‘o noso’ e que o debiamos empregar todos, na escrita, independentemente da maneira de falar de cadaquén. Non se entende que xente preparada e que se supón con capacidade e rigor analítico, poda seguir os postulados, a ultranza e coa fé do carboeiro, de calquer figura máis ou menos carismática, sin ter en conta os tempos e as circunstancias. Por isa verea é moi doao contraer a ‘furia do converso’.


O que fala portugués debe escribir en portugués. O que fala galego debe escribir en galego, mais non debe escribir un idioma, como é o seu, no que se escribe como se pronuncia, o mesmo que o castelán, cunha grafía allea e distinta, como é a portuguesa. Iste problema xa tentan de solucionalo matando o galego.


De cómo se entenden os postulados anteditos é un refrexo a proposta do concelleiro de Verín que aboga polo ensino obrigatorio, no seu concello, do galego e do portugués (non sei cal dos galegos e cal dos portugueses respeutivos ensinarían) por ser ‘dúas linguas irmáns orixinadas nun tronco común’, coma si o castelán, aparte de lingua oficial da nación, non fose lingua do mesmo tronco.


Non sei si os galegos merecemos isto. Pode que sexa pola propensión que algúns galegos teñen de facelo indio. Algús diles mesmo asemella que teñen como ‘slogan’ o de ‘polo monolinguísmo á tribu’.



Te puede interesar